María Teresa Fernández de la Vega
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
María Teresa Fernández de la Vega Sanz, nada en Valencia o 15 de xuño de 1949, é unha política española, membro do Consello de Estado.
María Teresa Fernández de la Vega | |
---|---|
![]() | |
María Teresa Fernández de la Vega Sanz | |
Datos persoais | |
Nacemento | 15 de xuño de 1949 |
Valencia | |
Organización | Partido Socialista Obrero Español |
Pai | Wenceslao Fernández de la Vega Lombán |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid e Universidade de Barcelona |
Profesión | Política e secretaria xudicial |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Filla do destacado funcionario franquista Wenceslao Fernández de la Vega Lombán, delegado de Traballo ás ordes do daquela ministro Fermín Sanz Orrio (1957-1962), e sobriña das médicas galegas Jimena e Elisa Fernández de la Vega, María Teresa Fernández de la Vega licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid a principios dos anos 70. Viaxou a Barcelona, onde fixo o doutoramento. En 1974 ingresa no Corpo de Secretarios Xurídicos Laborais.
Inicia o seu activismo político no PSUC, estando afiliada a esta formación ata 1979. Desde a chegada do PSOE ó poder en 1982 desempeñará diferentes funcións. A partir de 1982 exerce como Directora do Gabinete do Ministerio de Xustiza ata 1985, ano en que é nomeada Directora Xeral de Servizos do Ministerio de Xustiza. En 1986 forma parte do Comité de Cooperación Xurídica do Consello de Europa. En 1990, ingresa na carreira xudicial e é elixida Vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial por elección do Senado (1994-1996). O 13 de maio de 1994, o ministro Juan Alberto Belloch desígnaa para ocupar a Secretaría de Estado de Xustiza.
Deputada a Cortes por Xaén na candidatura do PSOE na lexislatura 1996-2000, sendo reelixida nas eleccións dese último ano pola circunscrición de Segovia. Durante a lexislatura obtén o cargo de Secretaria Xeral do Grupo Parlamentario Socialista. É elixida Deputada ao Congreso por Madrid nas Eleccións Xerais do 14 de marzo de 2004, e o 18 de abril dese mesmo ano é nomeada Vicepresidenta Primeira e Ministra da Presidencia.
María Teresa Fernández de la Vega foi a primeira muller en asumir as funcións de presidente do goberno na historia da democracia española. Foi o 24 de abril de 2004, durante as oito horas que durou a primeira viaxe do presidente Rodríguez Zapatero ó estranxeiro.
En marzo de 2006 a Vicepresidenta realizou unha xira africana xunto á secretaria de Estado de Cooperación, Leire Pajín, recalando en Kenya e Mozambique, en cuxa capital, Maputo, celebraron o Día da Muller Traballadora e clausuraron o foro España-África. Mulleres por un mundo mellor.
O 20 de outubro de 2010 anunciouse a súa substitución como ministra e o seu ingreso no Consello de Estado de España.
Galardóns Editar
O 7 de outubro de 2006 entregóuselle o Premio Tomás y Valiente en Fuenlabrada.
Fernández de la Vega está titulada en Dereito Comunitario pola Universidade de Estrasburgo e adscrita á asociación Xuíces para a Democracia.
Obras Editar
É autora de La reforma de la jurisdicción laboral e Derechos humanos y Consejo de Europa, entre outras obras.
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha no sitio web do Congreso Arquivado 02 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- Ministerio da Presidencia (en castelán)
Predecesor: Rodrigo Rato |
Vicepresidenta Primeira do Goberno de España 2004 - 2010 |
Sucesor: Alfredo Pérez Rubalcaba |
Predecesor: Javier Arenas |
Ministra de Presidencia de España 2004 - 2010 |
Sucesor: Ramón Jáuregui |
Predecesor: Eduardo Zaplana |
Voceira do Goberno 2004 - 2010 |
Sucesor: Alfredo Pérez Rubalcaba |