Margarita Robles
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
María Margarita Robles Fernández, nada en León o 10 de novembro de 1956, é unha xuíza e política española, actual ministra de Defensa do Goberno de España.
(2018) | |
Nome orixinal | (es) María Margarita Robles Fernández |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de novembro de 1956 (68 anos) León, España |
Deputada de España | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 3 de decembro de 2019 – 21 de febreiro de 2020 Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Ávila | |
Deputada de España | |
9 de maio de 2019 – 24 de setembro de 2019 (disolución do parlamento) Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Ávila | |
14ª Ministro de Defensa de España | |
7 de xuño de 2018 – ← María Dolores de Cospedal Gabinete ministerial: Primeiro Goberno de Pedro Sánchez, segundo goberno de Pedro Sánchez | |
Deputada de España | |
6 de xullo de 2016 – 15 de xuño de 2018 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Vogal do Conselho Geral do Poder Judicial (pt) | |
23 de setembro de 2008 – 3 de decembro de 2013 | |
Q55237164 | |
14 de maio de 1994 – 4 de maio de 1996 ← Rafael Vera (pt) – Ricardo Martí Fluxá → | |
Maxistrada do Tribunal Supremo de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xuíza, política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Participou en | |
26 de outubro de 2020 | quinto aniversario de El Español |
Premios | |
Traxectoria
editarFilla dun avogado, cursou estudos primarios na escola das Teresianas de León. Aos doce anos trasladouse coa súa familia para vivir a Barcelona, cidade na que máis tarde estudou Dereito.
En 1981, con 25 anos, ingresou na carreira xudicial como número un da súa promoción converténdose na cuarta muller xuíz de España. Aos 26 anos o seu primeiro destino como xuíz foi a localidade de Balaguer (Lleida), posteriormente estivo en Sant Feliu de Llobregat (Barcelona) e en Bilbao. Foi a primeira muller en presidir unha Sala do contencioso-administrativo. Foi maxistrada da Audiencia provincial de Barcelona, que presidiu aos 34 anos, sendo a primeira muller en ser presidenta dunha audiencia provincial.
Próxima ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE), en 1993 foi nomeada polo Consello de Ministros subsecretaria do Ministerio de Xustiza de España, a proposta do titular do departamento, Juan Alberto Belloch. Ao tomar posesión do cargo, estableceu como unha das súas prioridades a aplicación de xuízos rápidos no ámbito estatal. Entre 1994 e 1996 foi secretaria de Estado do Ministerio do Interior, converténdose na número dous do ministro de Xustiza e Interior Juan Alberto Belloch na última lexislatura do goberno socialista de Felipe González. Foi tamén xuíz do Contencioso na Audiencia Nacional.
De setembro do 2008 a decembro de 2013 foi vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, elixidos por maioría de tres quintos nos plenos do Congreso e o Senado, destacando por ser unha das vogais máis activas. Votou a favor da destitución do seu presidente e do Tribunal Supremo Carlos Dívar por mor da polémica xurdida por aceptar invitacións para viaxar a Marbella.
Robles é membro da asociación Xuíces para a Democracia (JpD), e participa activamente nos congresos e reunións da asociación.
En maio de 2016 deu o salto á política anunciando que sería a número dous da lista do PSOE por Madrid encabezada por Pedro Sánchez, para as eleccións xerais do 26 de xuño. Robles solicitara unha excedencia como maxistrada do Tribunal Supremo pero o 19 de maio a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou nunha rifada decisión por catro votos a tres que a excedencia supón a perda de condición de maxistrada do Supremo. Margarita Robles foi unha dos quince deputados que votaron non na segunda sesión de investidura de Mariano Rajoy para a XII lexislatura do Goberno de España o 29 de outubro de 2016. O 18 de xuño de 2017, tras o XXXIX Congreso do PSOE, Robles foi elixida como portavoz do grupo parlamentario socialista no Congreso dos Deputados, substituíndo a José Luis Ábalos.
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Defensa do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Margarita Robles |