Elisa Fernández de la Vega

médica galega

Elisa Fernández de la Vega Lombán[1], nada na Veiga (Asturias) o 30 de maio de 1895[2] e finada en Zaragoza o 21 de novembro de 1933[2][3], foi, canda a súa irmá, Jimena, a primeira muller en estudar nunha universidade galega e licenciarse en Medicina, en 1919, con 23 anos.[4]

Infotaula de personaElisa Fernández de la Vega

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1895 Editar o valor em Wikidata
A Veiga, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de novembro de 1933 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGumersindo Sánchez Guisande Editar o valor em Wikidata
PaiWenceslao Fernández de la Vega Pasarín Editar o valor em Wikidata
IrmánsJimena Fernández de la Vega, Wenceslao Fernández de la Vega Lombán e Virgilio Fernández de la Vega Lombán Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Dolores Lombán Cotarelo e Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín, médico liberal de Castroverde, membro da Institución Libre de Enseñanza,[5] fundador e primeiro director do balneario de Guitiriz.

Entre 1909 e 1913 realizou os estudos de secundaria no Instituto de Lugo en réxime de non colexiada, sen asistencia, conseguindo no entanto, as cualificacións de sobresaínte en Ciencias e o aprobado en Letras[6][7] ao se graduar o 23 de xuño de 1913.[2]

Elisa tivo unha irmá xemelga, Jimena, 15 minutos menor, coa que, en 1914, foi admitida como primeira muller na Facultade de Medicina en Santiago, rematando xuntas (Jimena con premio extraordinario por concederse só un) a licenciatura en 1919, con 23 anos. [2]

Logo da carreira trasladouse a Madrid para continuar a traballar co catedrático de Patoloxía Roberto Nóvoa Santos. Conseguiu unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios, aínda que non chegou a viaxar.[8]Doutorouse en 1921, coa tese Asma anafiláctico alimenticio y consideraciones acerca de la patogenia del asma en general. O seu director de tese foi Teófilo Hernando, co que realizará outros traballos de investigación. A súa carreira derivará á especialidade de Pediatría baixo a tutela de Enrique Súñer.[2]

Casou en 1925 con Gumersindo Sánchez Guisande[9] e trasladouse con el a Sevilla cando este tomou posesión da praza de catedrático de Medicina. Entre 1925 e 1930 exerceu como profesora axudante en Anatomía descritiva e Técnica anatómica. Un novo cambio de destino do seu home levouna a Zaragoza en 1930, onde Elisa dará clases de Anatomía e de Técnica na universidade.[8]

Desempeñou un labor frenético, pois mentres impartía clases na Facultade, atendía os seus tres fillos (Luciano, Wenceslao e Elisa), levaba unha consulta na casa, pronunciaba conferencias antibelicistas, escribiu un manual para enfermeiras que non chegou a publicar e asinou artigos científicos en xornais e revistas co pseudónimo Zoraida.[4]

Fundou un albergue para indixentes. Cando estaba a piques de converterse na primeira catedrática española, ao asinar as oposicións en 1932 enfermou dunha pneumonía atípica que ela mesma se diagnosticou que a levou á tumba.[2] Jimena fíxose cargo dos seus fillos durante doce anos logo de que Gumersindo Sánchez Guisande tivese que marchar ó exilio.[2]

Entre 2004 e 2010, unha sobriña súa, María Teresa Fernández de la Vega, foi vicepresidenta primeira do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.[10]

Obra editar

  • Fernández de la Vega, Elisa (1921). Asma anafiláctico alimenticio y consideraciones acerca de la patogenia del asma en general. Madrid: Universidade Central. Tese inédita.
  • Fernández de la Vega, Elisa (1924). Los Rayos X en el tratamiento de las queratitis intersticiales. Buenos Aires : Instituto de Medicina para el estudio y tratamiento del cáncer.

Recoñecementos editar

En 2006 inaugurouse a Vicerreitoría de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela baixo o nome de Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega.[11]

Notas editar

  1. O nome completo era Elisa Fernanda María del Carmen Fernández de la Vega Lombán.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Rey, Manuel (08-03-2018). "Jimena e Elisa Fernández de la Vega, as xemelgas pioneiras na Medicina en Galicia". gciencia.com. Consultado o 15-03-2018. 
  3. Noticia en El Compostelano, 21-11-1933, p. 2.
  4. 4,0 4,1 Paredes, Josefa. "Las tías de la vicepresidenta". elmundo.es. Consultado o 15-03-2018. 
  5. Rey, Manuel (08-03-2018). "Jimena e Elisa Fernández de la Vega, as xemelgas pioneiras na Medicina". GCiencia. Consultado o 12-02-2019. 
  6. Bugallo Rodríguez, Ánxela (20-11-2013). "Jimena Mª Francisca Emilia Fernández de la Vega y Lombán". culturagaleg.gal. Consultado o 15-03-2018. 
  7. Delgado (2007), p.544
  8. 8,0 8,1 Flecha García, Consuelo (xullo-decembro 2010). "Profesoras en la Universidad. El tránsito de las pioneras en España". Arenal 17 (2): 255–297. 
  9. "Una boda". El regional: diario de Lugo (14357). 06-01- 1925. 
  10. Xenealoxía María Teresa Fernández de la Vega
  11. "Homenaje a Jimena y Elisa Fernández de la Vega, tías de María Teresa y pioneras en la universidad gallega". elcorreogallego.es. 03-12-2006. Arquivado dende o orixinal o 16-03-2018. Consultado o 13-03-2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar