José Antonio Alonso Suárez

político español

José Antonio Alonso Suárez, nado en León o 28 de marzo de 1960 e finado en Madrid o 2 de febreiro de 2017, foi un político español.

José Antonio Alonso Suárez
Datos persoais
Nacemento28 de marzo de 1960
 España León
Falecemento2 de febreiro de 2017
 Madrid
OrganizaciónPSOE
Alma máterUniversidade de León
ProfesiónMaxistrado
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Amigo da infancia de José Luis Rodríguez Zapatero, con quen compartiu estudos básicos e superiores, estudou a carreira de Dereito na Universidade de León, e converteuse en xuíz en 1985, á temperá idade de 25 anos. En 1989, Alonso foi nomeado xuíz penal en Madrid, e pouco despois, maxistrado da Audiencia Nacional. Entre 1994 e 1998, foi o voceiro de Xuíces para a Democracia, e ten sona de ser un dos máis progresistas. Aínda así, tamén se recoñece que a súa profesionalidade sempre lle permitiu deixar a un lado as súas tendencias políticas ó tomar decisións xudiciais.

Antes das eleccións xerais de 2004, Zapatero, daquela líder do PSOE na oposición, instoulle a optar a un escano no Congreso, que finalmente gañou. Porén, Alonso, malia a ter un escano e ser nomeado Ministro do Interior e logo de Defensa, aínda non ten o carné de membro do Partido Socialista por incompatibilidade coa carreira xudicial.

Casado e cun fillo, Alonso participou en numerosos cursos universitarios e conferencias relacionadas coa linguaxe, a economía, as leis e a historia españolas. De feito, gústalle a filosofía e escribiu varios ensaios políticos.

En abril de 2006, a dimisión de José Bono como Ministro de Defensa levou aparellado o seu nomeamento para o cargo, deixando a carteira de Interior a Alfredo Pérez Rubalcaba. Co inicio da segunda lexislatura de Zapatero, Alonso abandonou o ministerio e fíxose cargo do posto de voceiro do grupo parlamentario socialista.


Predecesor:
Ángel Acebes
  
Ministro do Interior
 
2004 - 2006
Sucesor:
Alfredo Pérez Rubalcaba
Predecesor:
José Bono
  
Ministro de Defensa
 
2006 - 2008
Sucesor:
Carme Chacón
Predecesor:
Diego López Garrido
 Voceiro do PSOE no Congreso 
2008 - 2012
Sucesor:
Soraya Rodríguez