Georg Friedrich Grotefend


Georg Friedrich Grotefend, nado en Hannoversch Münden o 9 de xuño de 1775 e finado en Hannover o 15 de decembro de 1853, foi un filólogo alemán, especializado na antigüidade. Estivo na orixe do desciframento da escritura cuneiforme.

Infotaula de personaGeorg Friedrich Grotefend

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1775 Editar o valor em Wikidata
Hann. Münden Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1853 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Hannover Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGartenfriedhof (en) Traducir, 153 52°22′10″N 9°44′48″L / 52.369372, 9.746697 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Hanôver (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga
Lessing-Gymnasium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos orientais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , erudito clásico , Asiriólogo , mestre Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosKarl Ludwig Grotefend (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 35073837 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Grotefend estudou filoloxía na Universidade de Göttingen. En 1797, converteuse en colaborador da escola municipal de Hannoversch Münden e en 1803 en Prorektor desta escola. Despois nomeárono Konrektor no Instituto Lessing de Frankfurt e finalmente director do Instituto de Hannover en 1821.

En 1802, deu descifrado, tras só unhas poucas semanas, a inscrición persa de Behistún descuberta e copiada en 1621. Ao principio tratábase só dunha aposta, na que pretendía demostrar que era posíbel descifrar un sistema de escritura totalmente descoñecido sen axuda exterior.

 
A Inscrición de Behistún, tallada na parede dun acantilado, fornece o mesmo texto en tres linguas, contando a historia das conquistas do Rei Darío. Está ilustrada con imaxes en tamaño real de Darío con outras figuras.

Inscricións cuneiformes editar

O seu meirande mérito é o de ter descifrado as inscricións cuneiformes de Persépole que Carsten Niebuhr copiara en Nínive durante a súa gran viaxe a Arabia. Chegou ás seguintes conclusións:

  • que as inscricións persas contiñan tres formas diferentes de escritura cuneiforme, de xeito que o desciframento dunha podía ser a clave para o das outras.
  • que os caracteres da columna persa da inscrición de Behistun eran alfabéticos e non silábicos.
  • que debían ser lidos de esquerda a dereita.
  • que o alfabeto consistía en corenta letras, incluídos signos para vogais longas e breves.
  • que as inscricións de Persépole estaban escritas en avéstico (cousa na que, porén, estaba errado), e que debían referirse á época dos reis aqueménidas.
  • que unha determinada palabra de uso frecuente debería corresponder á palabra persa para "rei".
  • que a inscrición nos proporciona os dous esquemas seguintes: A) X, rei, gran rei, rei de reis, fillo de Y, rei; B) Y rei, gran rei, rei de reis, fillo de Z.
  • que a presenza dos dous esquemas A) e B) nos dá a oportunidade de identificar as persoas do texto: é mester que X fose un rei persa, que o seu pai fose tamén un rei de Persia, pero que o seu avó non o fose.

De acordo con esta idea Grotefend foi quen de identificar X con Xerxes I, Y con Darío I e Z con Histaspes. Georg Friedrich Grotefend retirouse en 1849 e morreu en 1853 en Hannover.A súa tumba está situada no cemiterio da Marienstraße en Hannover. O Instituto Grotefend-Gymnasium de Hann-Münden da súa vila natal leva o seu nome desde 1976.

Obra editar

  • Anfangsgründe der deutschen Prosodie (Gießen, 1815).
  • Lateinische Grammatik (Frankfurt am Main, 1823 - 1824).
  • Neue Beiträge zur Erläuterung der persepolitanischen Keilschrift (Hannover, 1837).
  • Rudimenta linguae umbricae Hannover, 1835-1838).
  • Rudimentae linguae oscae (Hannover, 1839).
  • Zur Geschichte und Geschichte von Altitalien (Hannover, 1840-1842).