Ugarit foi unha cidade-estado portuaria preto da cidade actual de Latakia, que foi sometida a Exipto sobre o -1800 e independizouse máis tarde. Mantiña contactos intensos con Chipre. Falábase o ugarítico.

Modelo:Xeografía físicaUgarit
(uga) 𐎜𐎂𐎗𐎚 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoCidade-estado
cultura
estado desaparecido
administración política
estado tributario
cidade antiga Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaLatakia, Siria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°36′07″N 35°47′08″L / 35.60194, 35.78556
Historia
Data de creación ou fundaciónVI milenio a. C. Editar o valor en Wikidata
Data de disolución, retirada ou demolicióndécada de 1190 a. C. Editar o valor en Wikidata
Ruínas do palacio real de Ugarit.

Historia

editar

Ugarit converteuse en reino vasalo de Exipto en tempo de Tuthmosis III (metade do século –XV). O -1340 Suppiluliumas I, rei hitita, fixo a primeira expedición a Siria. Addu-Nirari, rei de Nuhase, Itur-Addu, rei de Mukish (Alalakh) e Aki-Tesup, rei de Niya, formaron alianza contra os hititas e xuntos atacaron Ugarit, cuxo rei Niqm-Addu II, non se quixera unir á coalición (nunha carta o rei hitita pídelle que non lle sexa hostil, pero evita utilizar a palabra submisión). Os ataques continuados de Alalakh-Mukish, Niya e Nuhase sobre Ugarit obrigaron o rei Niqm-Addu II a buscar axuda, e dirixiuse ao rei hitita, a quen ofreceu o sometemento. Suppiluliumas enviou tropas que expulsaron os atacantes e, ao mesmo tempo, capturou Alalakh. O rei de Ugarit fixo valiosos agasallos aos comandantes hititas que salvaran a cidade e despois foi a Alalakh facer submisión persoal ao rei hitita. Foi o primeiro vasalo exipcio que cambiou de bando.

Ini-Tesub, rei de Karkemish, ocupábase de todos os asuntos de Siria por delegación de Tudhaliyas IV e resolveu un conflito fronteirizo que supuxo a separación de Siyanni de Ugarit. Cando dous irmáns se rebelaron contra Amistamru II de Ugarit, Ini-Tesub protexeunos e os dous rebeldes, a pesar de que cobraron a parte da herdanza materna que reclamaban, foron enviados desterrados a Alashiya; tamén autorizou a extradición da muller adúltera de Ammistamru II de Ugarit, pero neste caso con permiso de Tudhaliyas, que era o seu tío (a extradición supuxo a morte da princesa.

Ammistamru de Ugarit casou cunha neta do rei hitita Hattusilis III de nome descoñecido. A súa nai era Gasulawiya, filla de Hattusilis, e o pai podería ser o rei Bentesina de Amurru; esta princesa, por causa dun adulterio, tívose que escapar a Amurru, pero foi extraditada por Sausgamuwa de Amurru con consentimento como xa se dixo de Ini-Tesub de Karkemish e de Tudhaliyas IV.

Os ataques dos Pobos do mar iniciáronse despois do -1200, sendo rei en Ugarit Ammurapi, ao oeste das terras hititas. O gran rei pediu a axuda de Ugarit e doutros vasalos (a única fonte é de Ugarit):

"o inimigo avanza contra nós, e son moi numerosos... todo canto poidas dispoñer, envíanolo".

Ugarit enviou tropas e barcos deixando o seu propio territorio indefenso; pouco despois Ugarit foi atacado por piratas. O rei de Ugarit escribe ao rei de Alashiya:

"Os barcos do inimigo están aquí, as miñas cidades arden e pasan cousas diabólicas no país; como vós sabedes todas as miñas tropas e carros están no país hitita e os barcos están en Lukka, así que o país está abandonado á súa sorte; os sete barcos inimigos que viñeron de Alashiya fixeron moito dano; se vós vedes algún barco máis do inimigo, facédemo saber".

Unha carta enviada ao rei a partir do interior di:

"As cousas fortes tremen e as frouxas están destruídas; o noso alimento nas eiras foi saqueado ou queimado e as viñas destruídas; a cidade está destruída como vostede sabe".

Algúns suxeitos do rei que se pararon en Alashiya cos seus barcos rendéronse ou tiveron que renderse ao inimigo.

Polo que se sabe, os barcos hititas e dos seus aliados serían derrotados. O rei estableceu a liña de defensa coas tropas terrestres en Lawasanda. O xeneral de Ugarit, Sipti Baqal informaba ao seu rei do desastre:

"o voso servente foi á posición fortificada de Lawasanda co gran rei, e agora o rei retirouse e fuxiu, sacrificouse".

Noutra carta un tal Ewir-Sarruma informa á nai do rei de Ugarit que este fuxira da capital e que a situación empeorara; o inimigo estaba en Mukis, ao norte de Ugarit e as terras do monte Amanus foran destruídas polo inimigo. E engade:

"pero aínda que os inimigos me preman eu non marcharei deixando á miña muller e aos fillos fronte ao inimigo".

Cronoloxicamente nunha última carta o rei escribe á súa nai que lle enviara unha mensaxe tanto se os hititas organizan a batalla coma se non o fan.

Despois as cartas acabanse. Conserváronse nun almacén porque a xente da cidade fuxiu e as casas serían saqueadas e algunhas queimadas, pero os almacéns de cartas non eran de interese para os saqueadores. A cidade non foi nunca máis habitada nin polos antigos habitantes nin polos invasores, e as cartas conserváronse.

Grazas aos arquivos da cidade coñécese a lista dos reis, a pesar de que algúns historiadores dubidan da súa fiabilidade:

A cidade foi destruída polos Pobos do mar sobre o -1185.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar