Illa dos Museos

(Redirección desde «Museumsinsel (Berlín)»)

A Illa dos Museos (en alemán: Museumsinsel) en Berlín, Alemaña, é o nome da metade setentrional da Spreeinsel, unha insua no río Spree, no centro da cidade. A parte meridional da insua chámase Fischerinsel, "Illa dos Pescadores".

Illa dos Museos
Museumsinsel 2008.jpg
vista aérea
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísAlemaña Alemaña
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición1999 (23ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador896

Historia editar

Recibiu o seu nome polos numerosos museos de sona internacional que hoxe ocupan a metade norte da Spreeinsel (orixinariamente unha área residencial adicada á "arte e a ciencia" polo rei Frederico Guillerme IV de Prusia en 1841). Formadas baixo varios reis prusianos, as súas coleccións de arte e arqueoloxía pasaron a unha fundación pública en 1918, a Stiftung Preußischer Kulturbesitz (Fundación do Patrimonio cultural prusiano), que mantén hoxe as coleccións e os museos.

A coleccións prusianas quedaron separadas durante a guerra fría coa cidade no seu conxunto, pero foron finalmente reagrupadas logo da reunificación alemá.

Actualmente, a Museumsinsel e as coleccións están en proceso de reorganización. Dado que varios museos resultaron destruídos durante a segunda guerra mundial e parte do espazo de exhibición está en proceso de reconstrución, a información que se achega aquí pode estar suxeita a modificacións.

 
Plano coa Illa dos Museos sinalada en vermello

O Museo antigo (Altes Museum) é o máis antigo dos museos. Foi construído entre 1823 e 1830 segundo os planos do arquitecto prusiano Karl Friedrich Schinkel. O museo erixiuse no lado oposto do Berliner Stadtschloss (Castelo de Berlín, que xa non existe). Estaba destinado a albergar cadros procedentes dos castelos de Berlín, Potsdam, Charlottenburg e de dúas coleccións privadas (a colección Giustiniani e a colección Solly). Neste edificio é onde primeiro puxo Frederico Guillerme III ao alcance do público o Antikensammlung, a colección prusiana de antigüidades. Esta colección é hoxe en parte exhibida de novo no Museo Antigo.

O Museo novo (Neues Museum), localizado detrás do Museo Antigo, foi completado en 1859 de acordo cos plans de August Stüler, un estudante de Schinkel. Quedou case esnaquizado durante a segunda guerra mundial (só ficaron algunhas das paredes exteriores) e foi reedificado para exhibir, como antes da guerra, as coleccións exipcias e prehistóricas.

 
Museo Bode na punta norte da Illa dos Museos

A Galería nacional antiga (Alte Nationalgalerie) rematouse en 1876, tamén de acordo aos deseños de August Stüler, para albergar unha colección de arte do século XIX doada polo banqueiro Joachim H. W. Wagener. A colección ampliouse notablemente e hoxe é unha das máis grandes coleccións de esculturas e pinturas do século XIX en Alemaña. O edificio quedou moi danado durante a segunda guerra mundial e só se reabriu en 2001, logo dunha restauración completa. Hoxe alberga os cadros das coleccións (mentres que as esculturas están fóra da illa, na próxima Friedrichswerdersche Kirche, unha igrexa neogótica deseñada por Schinkel).

En 1904 abriuse o Kaiser-Friedrich-Museum, hoxe chamado o Museo Bode. Localizado na punta norte da illa, é facilmente recoñecible debido á súa cúpula de cor marrón cobriza. O Museo Bode pechouse en 2000 para a súa reconstrución e reabriuse o 17 de outubro de 2006. Alberga as coleccións de escultura e de arte antiga e bizantina.

O último dos museos é o Museo de Pérgamo, completado en 1930, que alberga elementos a tamaño orixinal, reconstruídos, tales como o altar de Pérgamo, a Porta de Ishtar de Babilonia e a porta do mercado de Mileto, formados por partes tomadas das escavacións orixinarias.

As coleccións que se uniron na Illa dos Museos por primeira vez permitiron unha mirada unificada á arte europea desde a Antigüidade ata o século XIX, presentada en edificios que mostran a historia de museos en si mesmos por encima do curso dun centenar de anos, e é por iso que todo o conxunto foi engadido á lista da UNESCO de Patrimonio da Humanidade en 1999.

A Galería James Simon será un novo centro de visitantes para a Illa dos Museos, localizada entre o Neues Museum e o Kupfergraben.

Ademais dos museos, na illa atópase a Catedral de Berlín preto do Lustgarten (Xardín do Pracer) que anteriormente pertenceu ao Berliner Stadtschloss.

Galería editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar