Abrir o menú principal

Neues Museum

museo de Berlín, Alemaña

O Neues Museum (en galego Novo Museo) está situado detrás do Altes Museum (Museo Antigo), na Illa dos Museos de Berlín. Foi construído entre 1843 e 1855, segundo os plans de Friedrich August Stüler, discípulo de Karl Friedrich Schinkel.[1] O museo resultou seriamente danado durante a Segunda Guerra Mundial (nalgunhas áreas, só se conservaron os muros exteriores), foi reconstruído anos despois e reaberto en outubro de 2009.

Neues Museum
Berlin Neues Museum 001.JPG
Fachada do Neues Museum
PaísAlemaña Alemaña
CidadeBerlín
TipoMuseo de historia e arqueoloxía
Construción1855
Sitio Webwww.smb.museum

Foi o segundo museo que se construíu na Illa dos Museos, sendo destinado como unha extensión para albergar as coleccións que non se puideron expoñer no Museo Altes. Entre estas estaban modelos de xeso, obxectos procedentes do antigo Exipto, coleccións históricas e prehistóricas (Museum der vaterländischen Altertümer), unha colección etnográfica e varios gravados (Kupferstichkabinett).

O museo é un fiel expoñente da arquitectura neoclásica do século XIX. Cos seus novos métodos de construción industrializados e sendo un dos primeiros edificios en utilizar o aceiro na súa estrutura, sendo un fito importante na historia da tecnoloxía.

GaleríaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar