Río Spree
O río Spree (sorabo: Sprjewja, checo: Spréva) é un río de Alemaña, comunicado por medio de canles navegables co mar Báltico e que se ensancha na cidade de Berlín formando un porto fluvial. Percorre gran parte da cidade e serve de marco a varios dos edificios mais emblemáticos. É un afluente do río Havel, a súa vez afluente do Elba.
Río Spree | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() |
Rexión | Brandemburgo Berlín Saxonia |
Nacemento | Lusacia |
Altitude | 430 m |
Lonxitude | 400 km |
Caudal medio | 36 m³/s |
Desembocadura | Río Havel |
Altitude desembocadura | 29 m |
![]() | |
Localización do río Spree | |
A súa lonxitude é de preto de 400 quilómetros, dos cales 182 son navegables.
HistoriaEditar
O río foi escenario de combates durante a conquista de Berlín durante a Segunda guerra mundial.
Nas décadas seguintes e despois da construción do muro de Berlín, moitos habitantes do Berlín Este tentaron escapar cruzando o río. Coa caída do muro no 1989 decidiuse conservar unha sección de 1,3 km ao longo do río Spree co fin de albergar a East Side Gallery.
Galería de imaxesEditar
O río nos montes de Lusacia.
Encoro de Bautzen.
A ponte de Oberbaum en Berlín.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Spree |