Volkspolizei
A Deutsche Volkspolizei ("policía popular alemá") ou sinxelamente Volkspolizei foi un corpo de policía nacional da República Democrática Alemá. Formouse logo do final da segunda guerra mundial e aboliuse trala Reunificación alemá. Os seus axentes recibían o alcume de VoPos. Entre outras moitas cousas, os vopos foron os encargados de vixiar celosamente e disparar a matar a aquel que pretendese atravesar o Muro de Berlín para fuxir cara ao Berlín occidental.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Volkspolizei |