Potsdamer Platz é un dos lugares máis destacados da cidade de Berlín. Nesta praza lévase a cabo o Festival de Cine de Berlín, máis coñecido como a Berlinale; onde se fai entrega dos osos de ouro ás mellores películas do festival.

A cúpula do Sony Center, obra de Helmut Jahn, edificio máis emblemático da nova Potsdamer Platz

Historia editar

Nesta praza desenvolveuse dende o século XIX unha zona de densa actividade comercial e cultural. Foi neste lugar onde se instalou o primeiro semáforo de Europa.

Potsdamer Platz, como o resto da cidade, viuse sometida ao bombardeo aliado durante os últimos meses da segunda guerra mundial, o que levou á case total destrución das edificacións do lugar.

Trala ocupación da cidade por parte dos aliados, a Potsdamer Platz quedou no área onde se dividían os protectorados soviético e norteamericano. Coa construción do Muro, que a cruzaba no seu sector oeste, quedou nunha terra de ninguén inutilizable e non foi reconstruída, malia estares moi próxima á principal avenida comercial de Berlín Leste. Trala caída do muro os berlineses déronse á tarefa de rehabilitar Potsdamer Platz, o que conseguiron no transcurso de menos dunha década.

A actual arquitectura do lugar non lembra en nada á orixinal.

Véxase tamén editar

Potsdamer Platz en imaxes editar

Ligazóns externas editar

Kulturforum am Potsdamer Platz