Abrir o menú principal

Vicente Fraiz Andón

Vicente Fraiz Andón, nado en Silleda en 1859 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1919, foi un mestre e pedagogo galego.

Vicente Fraiz Andón
Vicente Fraiz Andón 1909.jpg
Nacemento1859
 Silleda
Falecemento1 de xullo de 1919
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpedagogo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Logo de exercer algún tempo o maxisterio, marchou á Habana, onde realizou o doutoramento en Filosofía e Letras, organizou as ensinanzas do centro de ensino Concepción Arenal do Centro Galego e puxo en marcha diversas iniciativas a favor da cultura galega. Regresou a Galicia, fixando a súa residencia en Compostela, e gañou a praza de director da Escola Normal de Santiago de Compostela. Organizou o Certame Pedagóxico de 1906, o Congreso Nacional de Ensino Primario en 1909 e desenvolveu un amplo labor para a mellora das escolas rurais e de formación de mestres.

Vicente Fraiz presidiu a principios dos anos dez a comisión para obter recursos e achegas de cara á construción do monumento a Rosalía de Castro, que se inaugurou na Ferradura o 25 de xullo de 1917.

É autor dun número importante de obras relacionadas co ensino e colaborou en diversas publicacións pedagóxicas.

Véxase taménEditar