José Gregorio Hernández

médico venezolano

José Gregorio Hernández Cisneros[1][2], nado en Isnotú o 26 de outubro de 1864 e finado en Caracas o 29 de xuño de 1919, foi un médico, científico, profesor, filántropo venezolano de vocación católica e franciscano segrar,[3] declarado beato pola Igrexa Católica.[4] Foi venerado por hispanofalantes de todo o mundo, a súa canonización está en marcha.[5][6]

Infotaula de personaJosé Gregorio Hernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Gregorio Hernández Cisneros Editar o valor em Wikidata
26 de outubro de 1864 Editar o valor em Wikidata
Isnotú, Trujillo, Venezuela (Estados Unidos da Venezuela) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xuño de 1919 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central de Venezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Central de Venezuela Editar o valor em Wikidata
AlumnosRafael Rangel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa, lingua francesa, lingua portuguesa, lingua alemá, lingua italiana e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrdem Franciscana Secular (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de outubro Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

En 1949, a Igrexa católica iniciou o proceso de canonización para declaralo santo.[7] En 1986, o papa Xoán Paulo II recoñeceu as súas virtudes heroicas e declarouno "venerable".[8] O proceso renovouse o 18 de xaneiro de 2021, tras un milagre atribuído pola Igrexa Católica a Hernández en San Fernando de Apure, no que unha moza se recuperaría dunha ferida de bala grazas á súa intercesión.[9] O papa Francisco autorizou a misa de beatificación de José Gregorio Hernández, celebrada o 30 de abril de 2021, e a súa celebración litúrxica foi asignada o 26 de outubro.[7]

Biografía editar

 
De adolescente cando se graduou no bacharelato

Familia editar

Foi o primeiro de seis irmáns, fillo de Benigno María Hernández Manzaneda e Josefa Antonia Cisneros Mansilla.[10]

Pola súa liña materna descendía do cardeal Francisco Jiménez de Cisneros, confesor de Isabel I de Castela, fundadora da Universidade de Alcalá, e por parte do pai, estaba emparentado con Santo Hermano Miguel, pedagogo e escritor, membro da Academia Ecuatoriana de la Lengua e correspondente da Real Academia Española.[11]

 
Medalla de graduación de José Gregorio Hernández como médico

Carreira editar

 
De esquerda a dereita: o doutor José Gregorio Hernández, de 26 anos, o doutor Emilio Ochoa e o doutor Francisco Antonio Rísquez; na Escola de Enfermería da UCV na urbanización Sebucán, en Caracas (1890).

Estudos en Caracas e Europa editar

Despois rematar o Bacharelato e de estudar Filosofía, Estudou na Universidade Central de Venezuela (UCV).

Linguas editar

Ao graduarse co título de Doutor en Medicina, o 29 de xuño de 1888, falaba inglés, francés, portugués, alemán e italiano e dominaba latín e hebreo, era filósofo, músico e teólogo. [Cómpre referencia]

Trasladouse a exercer a medicina na súa cidade natal,[12] establecendo un consultorio temporal, co que ampliou a súa carreira como médico.

Mestrados e docencia editar

Completou estudos en París e Berlín. Tras regresar de Europa en 1891, comeza a súa actividade como profesor nas cátedras de Histoloxía Normal e Patolóxica, Fisioloxía Experimental e Bacterioloxía, da Universidade Central de Venezuela, converténdose no fundador de ambas. Ademais, ao remate dos seus estudos de posgrao, delegóuselle a responsabilidade de adquirir, con recursos do Estado venezolano, os materiais necesarios para instalar o Laboratorio de Fisioloxía Experimental en Caracas, así como a adquisición da bibliografía necesaria para a apertura das citadas cátedras na UCV.

Pioneiro en varios eidos editar

Hernández foi o responsábel da introdución do microscopio e outros instrumentos científicos en Venezuela, do que tamén ensinou o seu uso e manexo.

O 14 de setembro de 1909 é nomeado catedrático da Cátedra de Anatomía Patolóxica Práctica, que funcionaba adscrita ao Laboratorio do Hospital Vargas, e da que estivo á fronte ata a creación da Cátedra de Anatomía Patolóxica da Universidade Central. con sede no Instituto Anatómico, e que dirixía o doutor Felipe Guevara Rojas, en 1911.

Considérase o promotor e pioneiro do ensino científico e pedagóxico en Venezuela, baseado en leccións explicativas, con observación de fenómenos vitais, experimentación sistemática, prácticas de vivisección e probas de laboratorio. Tamén coloreou e cultivou microbios e deu a coñecer a teoría celular de Virchow. Tamén exerceu como fisiólogo, biólogo, físico, químico e matemático.

Obra literaria e científica editar

Foi o fundador da cátedra de Bacterioloxía, a primeira desta disciplina en América, e a primeira persoa en Venezuela en publicar un traballo da devandita disciplina (Elementos de Bacteriología, 1906). Tamén escribiu sobre a anxina de peito de carácter palúdico xunto con Nicanor Guardia, e en 1893 publicou varios números da Gaceta Médica.[13]

Ademais de 11 obras publicadas e dúas inéditas no ámbito científico, escribiu cinco obras literarias. Unha delas, La verdadera enfermedad de Santa Teresa de Jesús escrita en 1907, ficou sen rematar; as outras, D. Nicanor Guardia (1893), Visión del arte (1912), En un carro (1912) e Los maitines (1912), publicáronse en El Cojo Ilustrado.[14]

 
José Gregorio Hernández en 1917, en Nova York, 54 anos
Interrupción do seu traballo docente editar

Por dous intervalos deixou de impartir clases na universidade. O primeiro, cando decidiu facerse relixioso e ingresar no mosteiro da orde de San Bruno na Cartuja de Farneta, ao que chegou o 16 de xullo de 1908, e do que regresou o 21 de abril de 1909, reincorporándose á Universidade en maio de 1909.

A segunda vez foi desde outubro de 1912, cando o goberno ditatorial do xeneral Juan Vicente Gómez decretou o peche da Universidade, xa que fora en contra do seu réxime. Porén, restablece a súa actividade docente en xaneiro de 1916, tras a fundación da Escola Oficial de Medicina, que funcionaba no Instituto Anatómico.

Outra pequena interrupción, sen saír do ámbito académico, foi en 1917 para visitar Nova York e Madrid para estudar, ficando o doutor Domingo Luciani á fronte provisional das súas cátedras. Reiniciou a súa actividade docente o 30 de xaneiro de 1918, até a súa morte.

Durante a pandemia de gripe de 1918 visitou enfermos en Caracas.[15][16]

Pasamento editar

O 29 de xuño de 1919 pola tarde, José Gregorio Hernández acudiu á esquina de Cardones para atender a unha enferma, pero foi atropelado mortalmente na esquina de Amadores, La Pastora, en Caracas.

Valoración do seu traballo editar

 
Vidriera do templo do Santuario do Neno Jesús, Isnotú, Trujillo

Hernández foi autor de trece ensaios científicos sobre diversas disciplinas médicas, sendo recoñecido pola Academia Nacional de Medicina de Venezuela, da que foi un dos seus membros fundadores. [17][18]

O seu traballo é importante pola súa capacidade como clínico para someterse ao rigor do método anatomoclínico (como nos casos presentados por el sobre tuberculose, pneumonía e febre amarela).

Tamén é recoñecida a súa capacidade para xestionar os recursos derivados de técnicas de diagnóstico complementarias (datos de histoloxía patolóxica, bacterioloxía, parasitoloxía e fisioloxía ) para lograr unha interpretación completa dos procesos patolóxicos presentes no paciente e pola súa capacidade para crear hipóteses novidosas (os datos hematométricos en suxeitos da contorna, a descrición dunha nova forma de anxina de peito de orixe palúdica etc.).

Culto público editar

 
Devotos ante a antiga tumba de José Gregorio Hernández na Igrexa Nuestra Señora de la Candelaria, Caracas.

Coa súa beatificación, José Gregorio Hernández convértese no cuarto beato de Venezuela, e no primeiro laico recoñecido como tal pola Igrexa Católica.[19][20]

Hernández era considerado un santo popular, a pesar de que a Igrexa non o recoñeceu como tal [21] até 2021 [22] A súa festa celébrase, xa oficialmente, o 26 de outubro.[23]

No seu Isnotú natal, o seu santuario oficial desde 2021 é o Santuario do Neno Xesús, onde tamén descansan os seus restos. Nese templo, ademais de imaxes e placas colocadas por persoas que lle agradecen as súas curacións, tamén hai unha vidreira con el representado axeonllado, rezando á Virxe María e a un neno Xesús.

Na Igrexa da Nosa Señora da Candelaria de Caracas repousan os restos do doutor,[24] o que xera que o templo sexa a sede dunha grande peregrinación de fieis.

Sincretismo editar

 
Vidriera do templo do Santuario do Neno Jesús, Isnotú, Trujillo.

Ademais do culto católico non oficial até 2021 e da profunda veneración popular que suscita, José Gregorio Hernández é tamén unha figura clave no sincretismo relixioso ou no paganismo esotérico, posto que se lle atribúen curacións milagrosas. Aínda que a maioría dos que o veneran son católicos, unha porcentaxe minoritaria non se considera practicante de ningunha relixión.[25]

Ferrándiz, citado por Guerra Niño (2017) indica que o seu culto católico e a súa veneración como figura curativa comezou diante da súa tumba nos primeiros anos despois da súa morte e precisamente polo apoio que o doutor prestaba aos pacientes en plena gripe de 1918 e 1919. Tamén existe a crenza popular de que o médico aparece en soños aos enfermos que o veneran e intervén neses lapsos, sendo curado cando esperta.[22]

Algúns defensores da súa causa como persoa de veneración católica indican que o fervor popular que espertou foi tan forte que os practicantes do esoterismo o converteron nun ídolo curativo e nun éxito comercial;[26] [27] Por exemplo, en Colombia son populares os centros esotéricos fundados en honra a Hernández, a quen chaman Hermano José Gregorio e eles a si mesmos gregorianos.[28][29]

Foi precisamente a vinculación de Hernández co esoterismo o que atrasou a aprobación do culto pola Igrexa católica.[27] De feito, indícase que esa é a razón pola que o Vaticano decidiu aprobar o seu culto público, para "descontaminar" o culto a Hernández "socavado" polo esoterismo e as prácticas supostamente máxicas, moitas veces asociadas ao espiritismo e a bruxería.[30]

Homenaxes editar

 
Busto de José Gregorio Hernández en Isnotú, Trujillo.

Varios lugares de Venezuela foron nomeados na súa honra, entre eles o Hospital Xeral Dr. José Gregorio Hernández e a Universidade José Gregorio Hernández.

 
Escultura de José Gregorio Hernández realizada por Francisco Narávez en 1950, na UCV . Entrada do Instituto de Medicina Experimental.

Publicacións editar

  • 1893Sobre el número de glóbulos rojos. Gaceta Médica de Caracas.
  • 1894Sobre angina de pecho de naturaleza paludosa. Gaceta Médica de Caracas.
  • 1910Lecciones de bacteriología. Gaceta Médica de Caracas.
  • 1910Lesiones anatomo–patológicas de la pulmonía simple o crupal. Gaceta Médica de Caracas.
  • 1910 – De la nefritis a la fiebre amarilla. Gaceta Médica de Caracas.
  • 1912Elementos de filosofía. Caracas, Empresa El Cojo. Segunda edición: 1912. Tercera edición: 1959.
  • 1913Renuncia ante la Academia Nacional de Medicina. Gaceta Médica de Caracas.
  • 1918Nota preliminar acerca del tratamiento de la tuberculosis por el aceite de Chaulmoogra. Gaceta Médica de Caracas.
  • 1922Elementos de bacteriología. 2.ª edición: Caracas. El Cojo.
  • 1968Obras completas. Caracas. Universidad Central de Venezuela. Edición del doctor Fermín Vélez Boza.
  • 1995Sobre Arte y Estética (selección de Elementos de filosofía máis o artigo Visión de Arte, publicado orixinalmente na revista El Cojo Ilustrado, N.º 491, 1 de xuño de 1912). Maracay, La Liebre Libre, 1995. Prólogo de Juan Carlos Chirinos.

Cine e televisión editar

En 1990 producíronse en Venezuela dous telefilmes sobre a súa vida:

  • El Venerable de RCTV, sendo interpretado por Flavio Caballero.
  • José Gregorio Hernández, el siervo de Dios de Venevisión, encarnado por Mariano Álvarez.
  • La médium del venerable, película de 2019.

Notas editar

  1. Floreal Vicente Contreras Andrade (1 de xaneiro de 1997). Vida del doctor José Gregorio Hernández. Universidad de Carabobo. ISBN 978-980-233-176-5. 
  2. Natalio Domínguez Rivera (1983). Biografía del doctor José Gregorio Hernández Cisneros. publisher not identified. 
  3.  Moleiro, Alfonso (2020). "José Gregorio, el médico de los abandonados que pone de acuerdo a todos en Venezuela". El País (en español). Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  4. Welle (www.dw.com), Deutsche. "Todo listo en Venezuela para beatificación de José Gregorio Hernández | DW | 30.04.2021" (en castelán). Consultado o 2021-04-30. 
  5. "El médico fantasma" (en castelán). 27 de outubro de 2014. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  6. «Un 26 de octubre nació el siervo de Dios»
  7. 7,0 7,1 Dejeki, Monica (20 de xuño de 2020). "José Gregorio Hernández, el santo sin reconocimiento". Consultado o 20 de junio de 2020. 
  8. «Comienza año jubilar de José Gregorio Hernández: Sesquicentenario de Natalicio del Venerable»
  9. "“Fue un milagro”: médico que operó a niña por la que José Gregorio Hernández fue beatificado" (en castelán). 2021-04-30. Consultado o 2021-05-03. 
  10. "Vida y obra del Dr. José Gregorio Hernández (1864–1919)" (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  11. «Dr. José Gregorio Hernández» (Fuente: Catholic.net)
  12. «José Gregorio Hernández: Médico – Cartujo – Seminarista – Médico»
  13. Briceño-Iragorry, Leopoldo (Decembro, 2005). "José Gregorio Hernández, su faceta médica. (1864–1919)". Consultado o 9 de novembro de 2017. 
  14. "Cazadores de Microbios de Venezuela". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  15. Shaylim Valderrama (20 de xuño de 2020). "Venezuela celebra un nuevo beato en medio de pandemia por COVID-19". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2020. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  16. Moleiro, Alonso (20 de xuño de 2020). "José Gregorio, el médico de los abandonados que pone de acuerdo a todos en Venezuela" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  17. Tiempo, Casa Editorial El (2021-04-30). "'El médico de los pobres' es beatificado y Venezuela celebra" (en español). Consultado o 2021-04-30. 
  18. "Los fundadores de la Academia Nacional de Medicina" 110 (2). 2002-04-XX: 222–224. ISSN 0367-4762. Consultado o 2021-04-30. [Ligazón morta]
  19. "¿Cuáles son los beatos venezolanos reconocidos por la Iglesia católica?" (en castelán). 2021-04-30. Consultado o 2021-04-30. 
  20. "Beatos de Venezuela". Santuario Basílica Coromoto. Consultado o 2021-04-30. 
  21. Dejeki, Monica (2020-06-20). "José Gregorio Hernández, el santo sin reconocimiento" (en castelán). Consultado o 2021-04-30. 
  22. 22,0 22,1 Guerra Niño, Laura Juliana (2017). "Pacientes-devotos: la relación de la medicina y la religión en el culto a José Gregorio Hernández en Bogotá" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de abril de 2021. Consultado o 30 de abril de 2021. 
  23. Nacional, El (2021-03-24). "El 26 de octubre será el Día de José Gregorio Hernández" (en castelán). Consultado o 2021-04-30. 
  24. "Iglesia Nuestra Señora de La Candelaria, Caracas" (en castelán). 2015-07-07. Consultado o 2021-04-30. 
  25. Gonzáles y Finol, Angélica M. y Jose Enrique (1 de xaneiro de 2013). "Antropo-Semiótica del rito: El culto a José Gregorio Hernández" (PDF). Consultado o 30 de abril de 2021. 
  26. "¿Las “curaciones” de José Gregorio Hernández, mediante una médium, son brujería?" (en castelán). Consultado o 2021-04-30. 
  27. 27,0 27,1 Dejeki, Monica (2020-06-20). "José Gregorio Hernández, el santo sin reconocimiento" (en castelán). Consultado o 2021-04-30. 
  28. Colombia.com, Redacción Vida y Estilo- (2021-04-30). "San Gregorio Hernández: poderoso ritual para pedir pronta cura a males y enfermedades" (en español). Consultado o 2021-04-30. 
  29. Tiempo, Casa Editorial El (2020-10-27). "Así son los rituales que hacen los médiums del hermano José Gregorio" (en español). Consultado o 2021-04-30. 
  30. Semana (1986-02-24). "NI TANTO QUE QUEME AL SANTO..." (en español). Consultado o 2021-04-30. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar