Abrir o menú principal

Hemograma

análise biolóxica médica
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Un hemograma é un exame que avalía as células sanguíneas dun paciente, ou sexa, as da serie branca e vermella, conta de plaquetas, reticulócitos e índices hematolóxicos.[1] O exame é requirido polo profesional de saúde para diagnosticar ou controlar a evolución dunha doenza. Un hemograma está constituído pola conta das células brancas (leucocitos), células vermellas (hemacias), hemoglobina (Hb), hematocrito (Ht), índices das células vermellas, e conta de plaquetas. O hemograma completo consiste no hemograma máis a conta diferencial dos leucocitos.[2]

As células circulantes no sangue son divididas en tres tipos: células vermellas (hemacias ou eritrocitos), células brancas (ou leucocitos) e plaquetas (ou trombocitos).

Recollida de sangueEditar

 
Mostras de sangue collidas con anticoagulante EDTA.

O sangue do individuo é recollido con anticoagulante (EDTA) ou mestura de Paul-Heller, para evitar a súa coagulación. Trala recollida con xiringa descartábel, o sangue é trasladado a un tubo de ensaio de vidro, que deberá ser rotulado co nome do paciente e lacrado con tapa. Non é necesario xaxún, mais recoméndase 24 horas sen práctica de exercicios físicos e 48 horas sen consumo de bebida alcohólica. Débese preguntar ó paciente se fai uso dalgún medicamento, ou se fixo uso nas horas anteriores ó exame, pois algúns remedios poden interferir nos resultados do exame. Trala recollida, o tubo deberá ser enviado a un laboratorio capaz de facer o hemograma.

NotasEditar

  1. VALLADA, E.P. Manual de técnicas hematológicas. São Paulo: Atheneu, 1999.
  2. Frances T Fischbach A Manual of Laboratory and Diagnostic Tests. Lippincott Williams & Wilkins, 2003.