James M. Buchanan

economista estadounidense

James McGill Buchanan, nado en Murfreesboro (Tennessee) o 3 de outubro de 1919 e finado en Blacksburg (Virxinia) o 9 de xaneiro de 2013, foi un economista estadounidense.

Modelo:BiografíaJames M. Buchanan

(2010) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) James McGill Buchanan Jr. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Murfreesboro, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 2013 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Blacksburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago
Universidade do Tennessee (pt) Traducir
Middle Tennessee State University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseFrank Knight (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomista Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade George Mason (pt) Traducir
Universidade de Virxinia
Universidade Estatal de Florida
Universidade de Florida Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoCharles Plott (pt) Traducir, Randall G. Holcombe (pt) Traducir, Richard Edward Wagner (en) Traducir, Mark V. Pauly (en) Traducir e Charles Breeden (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJames McGill Buchanan, Sr. Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Buchanan, James M., 1919-2013, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1140615 WikiTree: Buchanan-872 Find a Grave: 103400984 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

En 1940, graduouse na Middle Tennessee State Teachers College, agora chamado a Middle Tennessee State University, en 1941, rematou o seu máster en ciencias económicas na Universidade de Tennessee e, posteriormente, integrouse na mariña durante a segunda Guerra Mundial traballando co Almirante Nimitz en Honolulu. En 1948, recibiu o seu doutoramento económico na Universidade de Chicago, onde recibiu a influencia intelectual de Frank H. Knight.

Ó graduarse iniciouse na carreira académica como profesor asociado na Universidade de Tennessee, converténdose en profesor de Economía en 1950, dende onde se trasladou á Florida State University ata 1956. Durante este período, residiu en Italia por un ano, estudando as súas tradicións en finanzas públicas e a teoría política, experiencia que influíu moito nos seus posteriores estudos. Cando volveu a Estados Unidos, fundou o Centro Thomas Jefferson for the Protection of Free Expression dende a Universidade de Virxinia, onde iniciou e impulsou, con Gordon Tullock, a corrente económica da elección pública, ocupándose de estudar a economía política constitucional, coa intención de non limitar a análise ó funcionamento dos procesos de toma de decisións públicas no marco dunhas regras establecidas, así como de analizala forma en que esas regras son adoptadas e a posibilidade de medición da súa eficacia.

Estas teorías comezaron a chamar moito a atención e, nunha conferencia en 1967 titulada Study of Non-Market Decision Making (Estudo sobre a toma de decisións fora do mercado), formou con Gordon Tullock a Public Choice Society. Despois dun ano na universidade de California (UCLA) en 1968, trasladou o seu Center for the Study of Public Choice (CSPC) á George Mason University, en Washington, D.C..

En 1986, o profesor Buchanan ganou o premio Nobel de economía polas súas contribucións sobre a teoría da elección pública (Public Choice), onde publicou extensivamente sobre as finanzas públicas, as económicas constitucionais e a teoría libertaria.

Buchanan segue vinculado ó Center for the Study of Public Choice e é o investigador principal do Cato Institute.

Obra e principais contribucións

editar

A idea principal que defendía Buchanan é que o estado non é superior ós cidadáns, son estes os que toman as decisións do goberno en última instancia. O estado pode ser entendido como a “suma das vontades dos individuos”. A teoría que defende principalmente é a teoría económica da elección pública. A idea é a aplicación das ferramentas de análise económico á política, xa que cría que os economistas non estaban prestando demasiada atención ó funcionamento da política, xa que se preocupaban demasiado de como funcionaba a economía.

As súas principais publicacións foron entre finais dos anos 50 e os anos 80 ata que lle outorgaron o Premio Nobel en 1986, destacando as seguintes:

  • Public Principles of Public Debt (1958)
  • Fiscal Theory and Political Economy (1960)
  • Calculus of Consent: Logical Fundations of Constitutional Democraty (1962). , Escrita en colaboración con Gordon Tullock, é a súa obra máis coñecida.
  • Public Finance in Democratic Process (1967)
  • Cost and Choice (1969), analiza custos e beneficios supoñendo que son suxeitos á interpretación que fan os analistas.
  • Public Choice (1972), Buchanan é considerado o principal representante desta teoría que trata de ligar a economía coa política a través do estado.
  • Public finance and Public Choice (1975)
  • What should Economists Do? (1964)
  • Liberty, Market and State (1985), sobre temas da liberdade e a economía no contexto da democracia.

Premio Nobel de Economía, 1986

editar
 
Alfred Nobel

En memoria ao sueco Alfred Nobel, convócanse cada ano os Premios Nobel que van dirixidos a persoas que logran novos avances científicos, investigación e que polo tanto aporta valor engadido á sociedade. Neste senso no ano 1986 concédeselle o Premio Nobel de economía a James Buchanan. Trátase de dar recoñecemento aos avances e melloras que incorporou dita personalidade ao mundo económico e en último termo á sociedade.

No 1986 a academia sueca concedeulle o premio Nobel a economía polo desenvolvemento das bases constitucionais da teoría económica e do proceso da toma de decisión. Máis ben coñecemos a súa contribución como a Public Choice; é dicir, a teoría da elección pública.

A súa contribución o mundo económico-político consistiu nunha extensión da teoría económica ás opción políticas e gobernamentais. As decisión tomadas polos políticos e polos diversos estamentos gobernamentais provocan unha serie de custos aos cidadáns e polo tanto os cidadáns deberían poder contar cunha serie de mecanismos de control que lle permitan a súa defensa ante tales situación. Deste xeito xorde como mecanismo de control a Constitución. A contribución de Buchanan que lle deu lugar ao recoñecemento do Premio Nobel foi a de transferir as opción políticas á idea de beneficio de cambio mutuo entre os individuos. De tal maneira que o proceso político devén nunha forma de colaboración destinada a obtención de vantaxes recíprocas. Pero todo este proceso vai depender dunha serie de regras que enmarcan a actividade político-económica, é dicir, podemos falar aquí da constitución, como mencionamos anteriormente. Por tanto van ser factores claves ditas normas de xogo, e tamén a posibilidade de podelas cambiar.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar