Douglas Fairbanks
Douglas Elton Thomas Ullman, nado en Denver (Colorado) o 23 de maio de 1883 e finado en Santa Monica (California) o 12 de decembro de 1939 foi un actor, director e produtor estadounidense, coñecido como Douglas Fairbanks.
Traxectoria
editarFairbanks comezou a actuar de neno en teatros afeccionados de Denver. Na década de 1900 mudouse a Nova York para iniciar a súa carreira como profesional, uníndose á compañía de Frederick Warde. Debutou en Broadway en 1902.
Tras marchar aos Ánxeles asinou un contrato con Triangle Pictures en 1915, traballando con David Wark Griffith. No seu primeiro filme, The Lamb, demostrou as súas capacidades atléticas, chamando a atención do público.
En 1916 coñeceu a actriz Mary Pickford, comezando unha relación. Os dous, xunto con D.W. Griffith e Charles Chaplin fundaron en 1919 a United Artists, para ter o control artístico total dos seus filmes.
En 1920, cando xa era o actor máis popular de Hollywood casou con Mary Pickford, tralo rápido divorcio desta. Convertéronse na primeira parella famosa de Hollywood, vivindo nunha mansión chamada Pickfair. Neses anos comezou a revitalizar o xénero dos filmes de aventuras.
En 1927 Fairbanks e Pickford foron os primeiros en deixar as súas pegadas no cemento fronte o Grauman's Chinese Theatre. Ademais, Fairbanks converteuse no primeiro presidente da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas e o primeiro presentador dos premios Oscar.
Perdeu o entusiasmo coas limitacións que trouxo o cinema sonoro e despois de 1934 retirouse da interpretación. Mantívose relacionado marxinalmente coa industria do cinema ata que a súa saúde comezou a decaer.
Filmografía
editarAno | Título | Acreditado como | |||
---|---|---|---|---|---|
Role | Produtor | Guionista | Director | ||
1915 | The Lamb | Gerald | |||
Martyrs of the Alamo | Bit part | ||||
Double Trouble | Florian Amidon / Eugene Brassfield | ||||
1916 | His Picture in the Papers | Pete Prindle | |||
The Habit of Happiness | Sunny Wiggins | ||||
The Good Bad Man | Passin' Through | Si | |||
Reggie Mixes In | Reggie Van Deuzen | ||||
The Mystery of the Leaping Fish | Coke Ennyday / El mesmo | ||||
Flirting With Fate | Augy Holliday | ||||
The Half-Breed | Lo Dorman | ||||
Intolerance | Home no cabalo branco | ||||
Manhattan Madness | Steve O'Dare | ||||
American Aristocracy | Cassius Lee | ||||
The Matrimaniac | Jimmie Conroy | ||||
The Americano | Blaze Derringer | ||||
1917 | All-Star Production of Patriotic Episodes for the Second Liberty Loan |
El mesmo | |||
In Again, Out Again | Teddy Rutherford | Si | |||
Wild and Woolly | Jeff Hillington | ||||
Down to Earth | Billy Gaynor | Si | Si | ||
The Man from Painted Post | "Fancy Jim" Sherwood | Si | |||
Reaching for the Moon | Alexis Caesar Napoleon Brown | Si | |||
A Modern Musketeer | Ned Thacker | Si | |||
1918 | Headin' South | Headin' South | Si | ||
Mr. Fix-It | Dick Remington | Si | |||
Say! Young Fellow | The Young Fellow | Si | |||
Bound in Morocco | George Travelwell | Si | Si | ||
He Comes Up Smiling | Jerry Martin | Si | |||
Sic 'Em, Sam | Democracia | ||||
Arizona | Tte. Denton | Si | Si | Si | |
1919 | The Knickerbocker Buckaroo | Teddy Drake | Si | Si | |
His Majesty, the American | William Brooks | Si | Si | ||
When the Clouds Roll by | Daniel Boone Brown | Si | Si | ||
1920 | The Mollycoddle | Richard Marshall III, IV e V | Si | ||
The Mark of Zorro | Don Diego Vega / Señor Zorro | Si | Si | ||
1921 | The Nut | Charlie Jackson | Si | Si | |
The Three Musketeers | D'Artagnan | Si | Si | ||
1922 | Robin Hood | Robin Hood | Si | Si | |
1923 | Hollywood | El mesmo | |||
1924 | The Thief of Bagdad | O ladrón de Bagdad | Si | Si | |
1925 | Don Q, Son of Zorro | Don Cesar Vega / Zorro | Si | ||
Ben-Hur | Extra na multitude | ||||
1926 | The Black Pirate | The Black Pirate | Si | Si | |
1927 | A Kiss From Mary Pickford | El mesmo | |||
The Gaucho | The Gaucho | Si | Si | ||
1928 | Show People | El mesmo | |||
1929 | The Iron Mask | D'Artagnan | Si | Si | |
The Taming of the Shrew | Petruchio | ||||
1930 | Reaching for the Moon | Larry Day | Si | ||
1931 | Around the World in 80 Minutes with Douglas Fairbanks | El mesmo | Si | Si | Si |
1932 | Mr. Robinson Crusoe | Steve Drexel | Si | Si | |
1934 | The Private Life of Don Juan | Don Juan |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Douglas Fairbanks |