Don Juan (personaxe)

Don Juan é un personaxe arquetípico literario creado por Tirso de Molina, configurado na literatura española e con longa descendencia na literaria europea.

Don Juan desenvaiñando a espada na ópera Don Giovanni de Mozart; cadro de Max Slevogt: Francisco d'Andrade como Don Giovanni, 1912.

Características editar

Tamén chamado burlador ou libertino, trátase dun sedutor valente e afoutado até a temeridade que non respecta lei algunha, nin divina nin humana. Nalgunhas obras arrepíntese ao final dos seus días, pero noutras non. O personaxe podería ter raíces históricas, e enlazar con Miguel de Mañara, un gran pecador arrepentido. Deu pé á aparición do personaxe Giacomo Casanova, da literatura italiana.

Ten a súa orixe na obra El burlador de Sevilla y convidado de piedra, de Tirso de Molina (1630). Con todo, hai autores que defenden que esta obra é unha refundición doutra, coñecida como Tan largo me lo fiáis, atribuída a Andrés de Claramonte. En calquera caso, hai no teatro do Século de Ouro e anterior da literatura en castelán certos antecedentes do tipo do sedutor falabarato, e nos romances, do tema do convidado de pedra, que despreza aos mortos e acepta temerariamente a invitación dun deles.

O personaxe e a súa actitud vital, denominada xenericamente donxoanismo, inspirou a numerosos ensaístas como Ramón Pérez de Ayala, Víctor Said Armesto, Arturo Farinelli, Ramiro de Maeztu, Américo Castro ou Ortega y Gasset, que ven na figura do sedutor desde un inmaturo patolóxico e efeminado (próximo ao narcisismo e á homosexualidade, segundo Gregorio Marañón), a unha figura satánica e rebelde tipicamente romántica, ou o arquetipo universal do sedutor insatisfeito.

Existencia real editar

Desde o século XVII deuse crédito á idea de que Don Juan Tenorio existiu realmente e que foi un cabaleiro malagueño. Tal idea foi recollida polo hispanista Louis Viardot no século XIX[1], e posteriormente por Gregorio Marañón, que recolle a existencia dos Tenorio e da calidade de sedutor dalgún deles, pois un tal Cristóbal Tenorio tivo amoríos coa filla de Lope de Vega e incluso se bateu con el, feríndoo.

Especulouse que a razón da elección de tal apelido por Tirso de Molina puido ser pola similitude co verbo castelán tener (que induce a relacionalo co feito da posesión) e co substantivo tenor (que o relaciona coa voz masculina)[2].

Na súa obra Don Juan, Torrente Ballester emparéntao coa familia nobre procedente de Tenorio e descendente de Alonso Jofre Tenorio, a quen o rei Afonso X concedeu terras en Sevilla trala reconquista castelá.

Obras inspiradas no personaxe editar

Outros autores foron Azorín, Christian Grabbe, Alexandre Dumas, Carlo Goldoni, Edmond Rostand e, máis recentemente, Max Frisch. En España foi tradición representar a obra de Antonio de Zamora (e despois a de Zorrilla), na festividade de Todos os Santos.

Notas editar

  1. Études sur l’histoire des institutions, de la littérature, du théâtre et de beaux arts en Espagne (1835)
  2. Marcela Aniela: "El viaje de Don Juan a través de los siglos" Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Universitatea Piteşti.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar