Guillaume Apollinaire

poeta francés

Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky, coñecido como Guillaume Apollinaire, nado en Roma o 26 de agosto de 1880 e finado en París o 9 de novembro de 1918, foi un escritor e crítico de arte francés.

Guillaume Apollinaire
Nome completoWilhelm Albert Włodzimierz Apollinaris de Wąż-Kostrowicky
AlcumeFernand Laviet
Nacemento26 de agosto de 1880
Lugar de nacementoRoma
Falecemento9 de novembro de 1918
Lugar de falecementoParís
Causagripe de 1918
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo italiano
Alma máterColegio Niño Jesús de Praga
Ocupaciónpoeta, escritor, dramaturgo, crítico de arte, autor de diarios, censor, contacontos, correspondent, crítico literario e debuxante
CónxuxeAmélia Kolb
Coñecido porAlcools
Premiosmort pour la France
Na rede
IMDB: nm0032091 Allocine: 35219 Allmovie: p315425
Bitraga: 337 Musicbrainz: 45f5e60c-16e6-49d5-8918-4e1bbcc050e2 Discogs: 217031 IMSLP: Category:Apollinaire,_Guillaume Find a Grave: 32 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo dunha condesa polaca, dende 1902 foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisiense de Montparnasse, tivo por amigos e colaboradores a Pablo Picasso, Max Jacob, André Salmon, Marie Laurencin, André Derain, Blaise Cendrars, Pierre Reverdy, Jean Cocteau, Erik Satie, Ossip Zadkine e Marcel Duchamp.

En 1909 publicou o seu primeiro libro O encantador en putrefacción, baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, O bestiario ou o cortexo de Orfeo (1911) e Alcoois (1913) reflicten a influencia do simbolismo, con importantes innovacións formais; nese mesmo ano apareceu o ensaio crítico Os pintores cubistas, defensa do novo movemento como superación do realismo. No 1916 publicou o libro de relatos O poeta asasinado.

Alistouse como voluntario en 1914 no exército francés, combatendo na Primeira guerra mundial. Foi ferido de gravidade na cabeza en 1916, morrendo dous anos despois, vítima da gripe española.

Obra editar

Traducida ao galego editar

Notas editar

Véxase tamén editar

  • Caligrama - composición poética coas palabras compoñendo debuxos, da que Apollinaire foi un pioneiro.