Giacomo Casanova
Giacomo Girolamo Casanova, cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en Venecia o 2 de abril de 1725 e falecido o 4 de xuño de 1798 en Dukhtsov, na actual República Checa, foi un aventureiro, viaxeiro e escritor italiano.
Giacomo Casanova | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Giacomo Girolamo Casanova |
Nacemento | 2 de abril de 1725 |
Venecia | |
Falecemento | 4 de xuño de 1798 |
Duchcov Chateau e Viena | |
Soterrado | Duchcov |
Nacionalidade | República de Venecia |
Etnia | Pobo italiano |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidade de Padua |
Ocupación | tradutor, poeta, bibliotecario, banqueiro, novelista, diplomático, Iliad's translator, escritor, autor, adventurer e autobiógrafo |
Pai | Gaetano Casanova e Michele Grimani |
Nai | Giovanna Maria Farussi |
Fillos | Leonilda Castelli e Cesarino Lanti |
Irmáns | Giovanni Battista Casanova e Francesco Casanova |
Coñecido por | Histoire de ma vie e Story of my flight from the prisons of the Venetian Republic |
Premios | Ordem da Espora de Ouro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
O seu nome ficou asociado coas súas numerosas aventuras amorosas, que fixeron del un símbolo de conquistador. A súa fama como escritor baséase no seu voluminoso libro autobiográfico Historia da miña vida, escrito en francés e traducido a máis de vinte linguas, no que amosa un amplo panorama da vida das clases altas e burguesas da Europa do seu tempo e relata as súas relacións con mulleres de todos os ámbitos da sociedade. Casanova é un personaxe de lenda na cultura mundial á que dedicaron obras literarias ou ensaios Richard Aldington, Arthur Schnitzler, Marina Tsvetaeva ou Stefan Zweig. É tamén protagonista dunha ópera de Johann Strauss e da película O Casanova, de Federico Fellini.