Douglas Fairbanks Jr.
Douglas Elton Fairbanks Jr., nado en Nova York o 9 de decembro de 1909 e finado na mesma cidade o 7 de maio de 2000, foi un actor norteamericano, alén de militar condecorado na segunda guerra mundial.
Douglas Fairbanks Jr. | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Douglas Elton Ulman Fairbanks |
Nacemento | 9 de decembro de 1909 |
Lugar de nacemento | Nova York |
Falecemento | 7 de maio de 2000 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Hollywood Forever Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Collegiate School e Harvard-Westlake School |
Ocupación | actor, oficial, guionista, actor de cinema, produtor de cinema, actor de televisión e actor de teatro |
Pai | Douglas Fairbanks |
Nai | Anna Beth Sully |
Cónxuxe | Joan Crawford e Mary Lee Epling |
Fillos | Daphne Nancy Beth Fairbanks, Victoria Susan Fairbanks e Melissa Louise Fairbanks |
Premios | Knight Commander of the Order of the British Empire, Lexionario da Lexión do Mérito, Lexión de Honra, Estrela de Prata, Ordem Nacional do Cruzeiro do Sul, Gran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña e star on Hollywood Walk of Fame |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do destacado Douglas Fairbanks, unha das primeiras personaxes lendarias de Hollywood, Fairbanks Jr. nunca conseguiu saír totalmente da sombra do pai. Estudou en París,[1] onde estaba coa súa nai recentemente divorciada, cando contactou con el o empresario William Elliott, que quería lanzalo no cinema. Asinou coa Paramount aos catorce anos de idade, en contra da opinión paterna, que desexaba para el o camiño da universidade, e estreou na pantalla en 1923, na fracasada comedia Stephen Steps Out.[2][3] Os seus traballos seguintes no cinema mudo son pouco memorábeis, con excepción do drama Stella Dallas (1926), de Henry King.[4]
A transición ao cinema sonoro foi tranquila, axudada ademais polo seu matrimonio con Joan Crawford, con quen coeprotagonizou Our Modern Maidens (1929). Na década de 1930, Fairbanks Jr. coñeceu o éxito en filmes como The Dawn Patrol (1930), Little Caesar (1931), The Prisoner of Zenda (1937), onde por primeira vez interpretou un espadachín, personaxe imortalizada polo seu propio pai nunha serie de filmes na era muda, Gunga Din (1939) e The Corsican Brothers (1941).
Fairbanks interrompeu a carreira para participar da segunda guerra mundial. Alistouse na Mariña, servindo, entre outros, baixo as ordes do heroe inglés Lord Mountbatten.[5] Inicialmente tenente, Fairbanks pediu a baixa en 1954, xa como capitán. Loitou na fronte de batalla e recibiu diversas medallas: Silver Star e Legion of Merit do seu país, a British Distinguished Service Cross da Inglaterra e as francesas Légion d'Honneur e Croix de Guerre.
Finalizado o conflito, Fairbanks retornou a Hollywood, mais pasaba moito tempo no Reino Unido, onde era aceptado nos altos círculos sociais desde a década anterior, cando xa filmaba nese país. En 1949 recibiu unha condecoración no Palacio de Buckingham; era íntimo da raíña Isabel e do príncipe Filipe, a quen recibía na súa mansión, The Boltons. No cinema, volveu ao xénero de capa e espada con Sinbad the Sailor (1947) e The Exile (1947), porén foise afastando aos poucos das cámaras. Traballou esporadicamente no teatro, inclusive na montaxe americana de My Fair Lady, subtituíndo a Rex Harrison no papel de Higgins. Entre 1954 e 1956, protagonizou na televisión a serie Douglas Fairbanks Presents. Participou tamén en varios telefilmes.
Tras vender The Boltons, estableceuse en Nova York, onde se dedicaba aos deportes, aos negocios e á vida de socialite. Fairbanks casou tres veces. Tras divorciarse de Joan Crawford, casou con Mary Lee Eppling, con quen tivo as súas tres fillas, Daphne, Victoria e Melissa. O matrimonio rematou co falecemento dela en 1988. Posteriormente, uniuse a Vira Shelton en 1991, con quen viviu ata o seu propio pasamento, en 2000, vítima dun infarto.[6][7] Foi sepultado no Hollywood Forever Cemetery, dos Ánxeles, na mesma cripta que o seu pai.[8]
Filmografía parcialEditar
- American Aristocracy (1916)
- The Three Musketeers (1921)
- Stephen Steps Out (1923)
- The Air Mail (1925)
- Wild Horse Mesa (1925)
- Stella Dallas (1925)
- The American Venus (1926)
- Padlocked (1926)
- Broken Hearts of Hollywood (1926)
- Man Bait (1927)
- Women Love Diamonds (1927)
- Is Zat So? (1927)
- A Texas Steer (1927)
- Dead Man's Curve (1928)
- Modern Mothers (1928)
- The Toilers (1928)
- The Power of the Press (1928)
- The Barker (1928)
- A Woman of Affairs (1928)
- The Forward Pass (1929)
- The Jazz Age (1929)
- Our Modern Maidens (1929)
- Little Caesar (1931)
- I Like Your Nerve (1931)
- Union Depot (1932)
- Catherine the Great (1934)
- Man of the Moment (1935)
- The Amateur Gentleman (1936)
- Accused
- The Prisoner of Zenda (1937)
- Joy of Living (1938)
- The Rage of Paris (1938)
- Having Wonderful Time (1938)
- The Young in Heart (1938)
- Gunga Din (1939)
- Green Hell (1940)
- Angels Over Broadway (1940)
- The Corsican Brothers (Justicia corsa) (1941)
- Sinbad the Sailor (1947)
- The Exile (1947)
- Ghost Story (1981)
NotasEditar
- ↑ "Stephen Steps Out". The Mail 12 (622) (Adelaide). 19 de abril de 1924. p. 13. Consultado o 20 de marzo de 2018 – vía National Library of Australia.
- ↑ "Douglas Fairbanks, Jr. to get $1,000 a week". The Washington Post. 24 de maio de 1923.
- ↑ Kingsley, Grace (4 de xuño de 1925). "FLASHES: WON'T LEAVE US HAROLD LLOYD TO MAKE NEW PICTURE HERE". Los Angeles Times. p. A9.
- ↑ Schultz, F. L.; O'Doughda, L. (outubro de 1993). "An interview with Douglas Fairbanks, Jr.: "A Hell of a War"". Naval History 7 (3) (U.S. Naval Institute).[Ligazón morta]
- ↑ Unonius, Kristian Erik (2000). "Douglas Fairbanks, Jr.". Matinê (28).
- ↑ WLASCHIN, Ken, The World's Great Movie Stars and Their Films, Londres, Inglaterra:Peerage Books, 1985
- ↑ Douglas Fairbanks Jr. en Find a Grave (en inglés)
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Wise, James (1997). Stars in Blue: Movie Actors in America's Sea Services. Annapolis, Maryland: Naval Institute Press. ISBN 1-55750-937-9. OCLC 36824724.
Ligazóns externasEditar
- Staff writers (8 May 2000). "Obituary: Douglas Fairbanks Jr.". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2020.
- "Photographs of Douglas Fairbanks Jr.". Virtual-History.com.
- "Fairbanks, Jr, Douglas Elton Ulman (Oral history)". Imperial War Museum. July 31, 1984.
- "Douglas Fairbanks Jr KBE DSC (1909–2000)". The Big Red Book.
- Douglas Fairbanks Jr. and the Beach Jumpers 9:55 video