Abrir o menú principal

Coñécese como as mártires de Sofán ás catro labregas abatidas a tiros por axentes de Garda Civil na parroquia de Sofán do concello de Carballo, o 16 de febreiro de 1919.

Índice

AntecedentesEditar

A Xunta Local de Sanidade e o Concello clausuraron o cemiterio vello de Sofán en novembro de 1918, pero os veciños seguiron enterrando os seus mortos clandestinamente. O domingo 16 de febreiro de 1919 van dar sepultura ao neno de catro anos Jesús Loureiro González. A Garda Civil intentou parar a comitiva fúnebre disparando indiscriminadamente contra os veciños, resultando asasinadas catro mulleres, Josefa Bolón Mato, María Caamaño Pallas, Carmen Veira Souto e María Serrano Paz, e varios feridos. Tralo incidente celebráronse mitins para protestar polo ocorrido, que tivo moita repercusión entre as organizacións agraristas e na prensa.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Fraga, Xan (1999). Crónicas de Carballo I. Carballo: Agrupación Cultural Lumieira. 

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar