Servizo Marítimo da Garda Civil
O Servizo Marítimo da Garda Civil constituíuse por un Real Decreto do 22 de febreiro de 1991. Dende 1997 intégrase nel a Unidade de Actividades Subacuáticas (U.A.S.), cuxa orixe remóntase a 1981.
Organización
editarOrganízase nunha Xefatura, situada no mesmo complexo de edificios que alberga a Dirección Xeral da Garda Civil, en Madrid, e 22 Servizos Marítimos Provinciais, que abarcan todo o litoral español, ademais de 19 Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas. Ó fronte está o Coronel Xefe do Servizo Marítimo da Garda Civil.
Misións
editarAs misións que teñen encomendadas son de seis tipos:
- Xudicial: prevención e investigación de delitos.
- Gobernativo: custodia de costas e portos e prevención da inmigración irregular.
- Fiscal: Resgardo Fiscal do Estado, prevención e represión contra o contrabando.
- Administrativo: protección da natureza e o medio ambiente no medio mariño, control e inspección pesqueira, e protección do patrimonio arqueolóxico submarino.
- Militar: as que lle encomendara o Goberno e o Ministerio de Defensa.
- Varias: misións de paz no estranxeiro, colaboración coa Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), en auxilios e remolques.
Bases
editarO Servizo Marítimo dispón de unidades en tódalas provincias costeiras da España peninsular, en Ceuta e nas Illas Baleares e Canarias. Os portos onde ten as súas bases son Alxeciras, Alacant, Almería, Barcelona, Benalmádena, Cádiz -Estación Naval de Puntais-, Cartaxena, Castelló, Ceuta, Corralejo (As Palmas), A Coruña, Los Cristianos (Santa Cruz de Tenerife), L'Escala (Xirona), Xixón, Huelva, Lanzarote, Marín -Escola Naval Militar-, Motril, Palma, Las Palmas de Gran Canaria, Pasaia (Guipúscoa), Santander, Santurtzi, Torredembarra (Tarragona), Valencia e Viveiro.
Medios
editarCon base en Galicia
editarCódigo | Nome / nº de serie | En servizo | Baixa | Base | Clase / observacións |
---|---|---|---|---|---|
L04 | EB7242 | 1992 | en servizo | Marín | Bazán Saeta-39 |
M10 | EB7867 | 1993 | en servizo | A Coruña | Rodman-55M |
M13 | EB2232 | 1996 | en servizo | Marín / Vigo | Rodman-55M |
M31 | Corvo Mariño[1] | 2006 | en servizo | Marín | Rodman-58 |
A06 | Río Andarax[2] | 2003 | en servizo | A Coruña | Rodman-101 |
A15 | Río Duero[3] | 2005 | en servizo | Marín | Rodman-101 |
A19 | Cabaleiro | 2008 | en servizo | Marín | Rodman-101 |
Galería de imaxes
editar-
A M10 patrullando en augas do porto da Coruña.
-
A Corvo Mariño regresando á Base Naval de Marín.
-
A06 Río Andarax en 2012.
-
A15 Río Duero.
-
A Cabaleiro, A19, na Base Naval de Marín.
-
Escudo
-
Insignia
Notas
editar- ↑ Asignada ó Parque nacional das Illas Atlánticas.
- ↑ Cedida polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño de España.
- ↑ Estivo destacada temporalmente en Mauritania.
Véxase tamén
editar- Grupo de Acción Rápida.
- Grupos de Rescate e Intervención en Montaña.
- Servizo de Protección da Natureza.
- Unidade Especial de Intervención.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Servizo Marítimo da Garda Civil |
- Páxina oficial. Arquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine.