Torredembarra
Torredembarra é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Tarragonès.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Tarragona | ||||
Comarca | Tarragonès | ||||
Capital | Torredembarra (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.670 (2023) (2.031,03 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 53 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 8,7 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 15 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Rosalía de Palermo | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Eduard Rovira (pt) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 43830 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 43153 | ||||
Código territorial IDESCAT | 431536 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | torredembarra.cat | ||||
Historia
editarDomina a poboación o antigo castelo ou palacio construído a comezos do século XVII polos Icard, señores da baronía de Torredembarra, que enlazaron daquela cos Queralt, condes de Santa Coloma. Os Icard adquiriran o lugar ós Olzinelles a finais do [[século XVI]. A igrexa parroquial está adicada a San Pedro. Hai resto das antigas murallas e fortificacións e da primitiva torre construída por Ramón de la Torre en 1173 entre Altafulla e Clarà, que foi o que orixinou a pobloación. Nos Munts, na veciña Altafulla, escavouse unha notable vila romana.[1]
Durante a guerra de sucesión, no verán de 1713, produciuse a batalla de Torredembarra, onde as tropas borbónicas derrotaron ós austracistas por mor da retirada dos cataláns, deixando sós ós soldados aragoneses nunha clara minoría. Tras esta batalla, os Tratados de Utrecht en 1713 darán por rematado o conflito coa vitoria castelá e de Filipe V.
Clima
editarO clima de Torredembarra é bastante caloroso no verán, húmido e morno no inverno (a temperatura media do mes máis frío, xaneiro, é de arredor de 10 °C.[2]) É un clima propio do litoral Mediterráneo. As precipitacións repártense pola primavera, finais do verán e no outono. Cando son de carácter torrencial son breves e intensas, con asulagamentos nas zonas achegadas á praia, onde se atopa o humedal coñecido como "Els Muntanyans". A neve en inverno é infrecuente, se ben algúns anos fai acto de presenza de xeito puntual e derrete axiña.
Notas
editar- ↑ Concello de Altafulla Història i tradicions
- ↑ Consultar os anuarios de datos meteorolóxicos dos anos 2000-2003 e 2007-2011 (antes do 2000 non hai datos sobre Torredembarra e tampouco nos anos 2004-2006) na sección de climatoloxía en: Meteocat Arquivado 15 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torredembarra |