Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España

goberno de España
(Redirección desde «Ministerio de Facenda»)

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España, tamén coñecido ao longo da súa historia como Ministerio de Administracións Públicas, de Política Territorial ou de Administración Territorial, é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado de España encargado da preparación e execución da política do Goberno en materia de política territorial e de relacións e cooperación coas Comunidades Autónomas e coas entidades que integran a Administración Local, así como da xestión dos pagamentos e das contas básicas do estado.

Correspóndelle tamén a este ministerio a promoción das relacións institucionais da Administración Periférica do Estado coas comunidades autónomas e cidades con Estatuto de Autonomía, así como a preparación e seguimento da Conferencia de Presidentes. Naceu como fusión dos departamentos de Política Territorial e Administracións Públicas, dunha banda, e de Facenda doutra, que anteriormente formara parte do ministerio de Economía.

Na actualidade, e dende a súa creación como entidade única baixo ese nome, ocupa o cargo de ministro Cristóbal Montoro, do PP.

Palacio de Villamejor (Madrid), sede principal do Ministerio de Política Territorial.

Estrutura orgánica (xaneiro de 2012) Editar

Órganos superiores Editar

Os órganos superiores e directivos dos que dispón o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España, dependentes directamente do ministro son[1]:

  • Secretaría de Estado de Facenda
  • Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos
  • Secretaría de Estado de Administracións Públicas
  • Subsecretaría de Facenda e Administracións Públicas

Estrutura orgánica básica Editar

A estrutura orgánica básica[1] é:

Ministro de Facenda e Administracións Públicas de España: Cristóbal Montoro.

Lista cronolóxica dos Ministros de Política Territorial de España Editar

Ministros de Administración Territorial Editar

Ministros para as Administracións Públicas Editar

Ministros de Administracións Públicas Editar

Ministro de Política Territorial Editar

Ministros de Facenda e Administracións Públicas Editar

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 Boletín Oficial do Estado. 30 de decembro de 2011: Real Decreto 1887/2011, de 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais. (en castelán).

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar