José Pedro Pérez-Llorca


José Pedro Pérez-Llorca Rodrigo, nado en Cádiz o 30 de novembro de 1940 e finado en Madrid o 6 de marzo de 2019, foi un político, diplomático e xurista español, un do sete pais da actual Constitución española.[1]

Infotaula de personaJosé Pedro Pérez-Llorca

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1940 Editar o valor em Wikidata
Cádiz, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de marzo de 2019 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Ministro de Exteriores
setembro de 1980 – decembro de 1982
← Marcelino Oreja AguirreFernando Morán (pt) Traducir →
Minister of territorial administration (en) Traducir
maio de 1980 – setembro de 1980
← Antonio FontánRodolfo Martín Villa →
Ministro da Presidencia de España
6 de abril de 1979 – 3 de maio de 1980
← José Manuel Otero NovasRafael Arias-Salgado →
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

23 de xaneiro de 1978 – 27 de xaneiro de 1978
Deputado no Congreso dos Deputados
29 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, diplomacia e Dereito constitucional Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , xurista , avogado , político , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión de Centro Democrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCarmen Pérez-Llorca Editar o valor em Wikidata
ParentesDominika Rekalt (pt) Traducir () Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 585349

Traxectoria editar

Trasladado coa familia a Madrid, alí cursou os seus estudos secundarios e licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense con premio extraordinario fin de carreira. Complementou os seus estudos en diversos países europeos o que lle permitiu ingresar na carreira diplomática e, máis tarde, acceder por oposición ás Cortes Xerais como letrado.

 
Fotografado en abril de 2015 durante o cume do World Travel and Tourism Council, cando era presidente do Padroado do Museo do Prado.

Integrouse na Unión de Centro Democrático (UCD). Na lexislatura constituínte foi escolleito polo seu partido como un dos sete poñentes constitucionais. Posteriormente, Adolfo Suárez nomeouno na I Lexislatura sucesivamente ministro da Presidencia, ministro de Administración Territorial en 1980 e, ese mesmo ano, nunha nova remodelación do goberno, ministro de Asuntos Exteriores, cargo que ocupou tamén tras o errado golpe de estado de 1981 co goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo e até a vitoria electoral do Partido Socialista Obreiro Español no outono de 1982. Foi deputado no Congreso desde 1977 até 1982.

A fin da UCD levoulle a abandonar a actividade política, dedicándose á súa profesión como avogado. Tamén participou en diversas empresas nacionais e internacionais como socio, accionista ou conselleiro (Kuwait Petroleum, Iberia, Loewe), compaxinando dita actividade coa de profesor encargado de Dereito Constitucional na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense de Madrid. Foi doutor honoris causa pola Universidade Nacional de Educación a Distancia en 1991 por ser un do sete relatores, chamados pais da Constitución española de 1978, así como da Universidade Europea e a Universidade Pontificia Comillas en 2018. En outubro de 2012 foi elixido presidente do Padroado do Museo del Prado.[2]

Foi fundador do bufete de avogados Pérez-Llorca.[3] Colaborou coa organización católica Lexionarios de Cristo.[4][5] A súa filla Carmen foi deputada na Asemblea de Madrid e ocupou diferentes cargos durante os gobernos de Esperanza Aguirre.[6]

Distincións honoríficas editar

Notas editar

  1. Anabel Díez (6 de marzo de 2019). "Muere José Pedro Pérez-Llorca, uno de los padres de la Constitución a los 78 años". Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  2. El Mundo. "Pérez-Llorca, nuevo presidente del Real Patronato del Museo del Prado". Consultado o 25 de octubre de 2012. 
  3. Carlos García-León (2 de octubre de 2012). "El despacho Pérez-Llorca llega a la milla de oro de los bufetes" (en castelán). Consultado o 11 de enero de 2016. 
  4. Millán, Agustín (6 de marzo de 2019). "Muere José Pedro Pérez-Llorca, uno de los padres de la Constitución". diario16.com. 
  5. Melgar, Ricardo (2012). "Los legionarios de Cristo: Red pederasta, poder y corporación empresarial transnacional". IIPSI (en castelán) (Universidad Nacional Mayor de San Marcos) 15 (2): 269. ISSN 1560-909X. 
  6. Campos, Miguel Ángel (15 de marzo de 2012). "El Ministerio de Economía nombra asesor al hijo menor de Esperanza Aguirre". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 7 de agosto de 2023. 
  7. Parrilla Amador, Margarita; Pulido Polo, Marta (2016). "Los títulos de “Hijo predilecto” e “Hijo adoptivo”, la historia local de las provincias andaluzas". Estudios Institucionales (Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia) 3 (5): 89–100. ISSN 2386-8694. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2020. Consultado o 07 de agosto de 2023. 
  8. Universidad Pontificia Comillas: "Doctores Honoris Causa". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
José Manuel Otero Novas
Ministro da Presidencia
6 de abril de 1979-3 de maio de 1980
III Goberno Suárez
Sucesor:
Rafael Arias-Salgado Montalvo
Predecesor:
Antonio Fontán
Ministro de Administración Territorial
3 de maio de 1980 - 9 de setembro de 1980

(III Goberno Suárez)

Sucesor:
Rodolfo Martín Villa
Predecesor:
Marcelino Oreja Aguirre
Ministro de Asuntos Exteriores
9 de setembro de 1980 - 1 de decembro de 1982

(III Goberno Suárez e Gobierno Calvo-Sotelo)

Sucesor:
Fernando Morán López