José Manuel Otero Novas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
José Manuel Otero Novas, nado en Vigo o 23 de marzo de 1940, é un político, xurista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1940 ![]() Vigo, España ![]() |
![]() | |
10 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Zamora Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
![]() | |
13 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Q42304009 ![]() | |
Ministro | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oviedo - licenciatura en Dereito ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político, escritor ![]() |
Partido político | Unión de Centro Democrático ![]() |
Membro de | |
Premios | |
Sitio web | josemanueloteronovas.com ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo con Premio Extraordinario. Diplomado en Dereito Comparado Hispanoamericano pola Universidade de Madrid. Avogado do Estado por oposición dende 1967, exercendo como tal, sucesivamente, na Administración e Tribunais de Lugo, na Audiencia Nacional e no Tribunal Supremo.
Inspector dos Servizos do Ministerio de Economía e Facenda por concurso-oposición dende 1974, realizando as funcións de control, auditoría, estudo e proposta propias do cargo en Servizos Centrais e Delegacións periféricas. Xefe do Gabinete Técnico da Subsecretaría de Facenda. Compatibilizou sempre as súas funcións de Avogado do Estado ou de Inspector dos Servizos co exercicio libre da avogacía, especialmente en temas empresariais.
Como consecuencia foi (e segue sendo) Letrado Asesor, Conselleiro, nalgún caso Presidente, de empresas, especialmente nos sectores da Banca (Grupo Banco Exterior de España e Filiais estranxeiras), Seguros (La Unión y El Fénix, AGF U.F. e filiais), Transportes (Transfesa, Elcano, Remolcanosa), Construción (Unión y el Fénix, Grupo Empresarial San José), Enerxía (Cepsa), Prensa (Edica)...
Foi membro do Tribunal arbitral interbancario (Diriban), e tamén do Tribunal de conflitos entre Bancos e Caixas de Aforro ("Serdi"). É arbitro da Corte Civil y Mercantil de Arbitraje de Madrid (CIMA).
Actividade política
editarFoi fundador do Grupo Tácito que propugnou publicamente a democracia durante o franquismo e que nucleou os Gobernos da Transición. Foi Director Xeral de Política Interior con Manuel Fraga Iribarne tras a morte de Franco, participando nos traballos da primeira Transición truncada.
Logo foi Subsecretario Técnico do Presidente do Goberno con Adolfo Suárez, colaborando na Lei para a Reforma Política, legalización de Partidos Políticos e primeiras eleccións xerais, así como achegando cos seus colaboradores o inicial borrador de Constitución elaborado dentro do ámbito do Goberno.
Foi Ministro do Goberno dende xullo de 1977 ata setembro de 1980. Primeiro da Presidencia, como colaborador de Adolfo Suárez durante o proceso constituínte, coa alta dirección do Centro de Estudos Constitucionais, do Centro de Investigacións Sociolóxicas e do Instituto Nacional de Prospectiva. Presidente da Comisión de Subsecretarios, tivo ao seu cargo a axenda do Consello de Ministros, as súas actas, o desenvolvemento dos seus acordos, o Boletín Oficial do Estado. Todos os Decretos das Preautonomías levan a súa firma e presidiu varias Comisións de Transferencias entre elas a do País Vasco. Presidente da Primeira Conferencia Mundial (SPIN) sobre políticas e estratexias en materia de informática. Vicepresidente da Conferencia Europea de Administración Local en 1978.
A partir de abril de 1979 foi Ministro de Educación durante 18 meses; o último que tivo a plena competencia educativa en toda España. Promoveu e obtivo a aprobación do Estatuto de Centros Escolares (LOECE) que por establecer o dereito dos centros a ter carácter propio ou ideario, libremente e sen máis limitación que o respecto aos principios constitucionais, mereceu unha forte contestación da esquerda política. Promoveu os Decretos que estableceron en toda España o ensino obrigatorio de todas as linguas vernáculas, así como a liberdade de opción para recibir o ensino "en" lingua castelá común ou "na" lingua vernácula da Comunidade respectiva.
Foi membro do Comité Executivo Nacional e Deputado ao Congreso por UCD; e logo tamén ambas as dúas funcións polo PP; na lexislatura 1989-1993 foi Voceiro do PP na Comisión de Presupostos.
Dende 1996 está á marxe da política activa.
Social
editarDende a década de 1990 é membro do Xurado de Ciencias Sociais dos Premios Príncipe de Asturias. Foi membro do Comité Executivo da Confederación Empresarial Independente de Madrid. Durante o período máximo estatutario (12 anos) foi Vogal do Padroado da Fundación Universitaria San Pablo-CEU e das súas Universidades vinculou (Madrid, Barcelona, Valencia).
É Patrón do Colexio Maior Universitario de San Pablo de Madrid e presidente do Instituto de Estudos da Democracia da Universidade CEU San Pablo.
Premios
editar- Cabaleiro Gran Cruz das Ordes españolas de Carlos III, de Isabel a Católica e de Afonso X o Sabio. Cabaleiro Gran Cruz das Ordes do León de Finlandia, do Mérito de Italia e do Mérito do Perú.
- Medalla de Ouro da Organización de Educación Iberoamericana.
- Medalla de Prata da Unesco.
- Medalla de Ouro da Fundación Universitaria San Pablo.
Obras
editar- La Administración Financiera del Estado como sujeto de relaciones jurídico-obligacionales, 1978.
- Nuestra democracia puede morir, 1987.
- Defensa de la nación española. Frente a la exacerbación de los nacionalismos y ante la duda europea, 1998.
- Fundamentalismos enmascarados. Los nuevos extremismos, 2001.
- Asalto al Estado. España debe subsistir, 2005.
- El retorno de los Césares. Tendencias de un futuro próximo e inquietante, 2007
- Mitos del pensamiento dominante. Paz, democracia y razón, 2011
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarPredecesor: Alfonso Osorio |
Ministro da Presidencia 1977-1979 |
Sucesor: José Pedro Pérez-Llorca |
Predecesor: Íñigo Cavero |
Ministro de Educación 1979-1980 |
Sucesor: Juan Antonio Ortega |