Instituto de Crédito Oficial
banco público español
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
O Instituto de Crédito Oficial (Instituto de Crédito Oficial, oficialmente e en español) é un banco público adscrito ao Ministerio de Economía e Competitividade a través da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa. Foi fundada en 1971, como institución pública responsable da coordinación e control dos bancos. Ten a natureza xurídica de entidade de crédito e consideración de Axencia Financeira do Estado[1]. O financiamento realízase a través da emisión de renda fixa. As súas funcións son, sobre todo, promover actividades económicas que contribúan ao crecemento e desenvolvemento do país, así como a mellora da distribución da riqueza nacional.
Instituto de Crédito Oficial | |
---|---|
Acrónimo | ICO |
Tipo | banca pública |
Data de fundación | 1962 |
Presidente/a | Manuel Illueca (pt) (2024-) |
Organización matriz | Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa |
Sede | Paseo del Prado |
En | Madrid, Centro e Cortes |
País | España |
Na rede | |
http://www.ico.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lista de presidentes
editarDebaixo están listados os presidentes que tivo o ICO desde a súa creación en 1971:
- ?? (1971-1978).
- Rafael Bermejo Blanco (1978-1982).
- Miguel Martín Fernández (1982).
- Julián García Vargas (1982-1985).
- Miguel Muñiz de las Cuevas (1986-1995).
- Fernando Becker Zuazua (1996-1998).
- José Gasset Loring (1999-2000).
- Ramón Aguirre Rodríguez (2000-2003).
- Aurelio Martínez Estévez (2004-2009).
- José María Ayala Vargas (2009-2011).
- Román Escolano Olivares (2012-2014).
- Irene Garrido Valenzuela (2014-2015).
- Emma Aguilera Navarro (2015-novembro 2016).
- Pablo Zalba Bidegain (19 de novembro de 2016-presente)[2].