Antonio Carreró Vergés
Antonio Carreró Vergés, nado en Vigo en 1889 e finado en Asturias o 27 de setembro de 1936, foi un militar galego.
Antonio Carreró Vergés | |
---|---|
![]() Retrato en Vida Gallega, 1936. | |
Nacemento | 1889 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 27 de setembro de 1936 |
Lugar de falecemento | Asturias |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Antonio Carreró Mestre. En 1915 entrou na Academia de Infantería. Como oficial de Infantería prestou servizos en África e tamén estivo destinado en Vigo. Cara a 1925 era primeiro tenente no Goberno Militar. Despois foi capitán no Rexemento de Murcia. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, por orde de Felipe Sánchez Rodríguez, comandante militar da praza, declarou o estado de guerra en Vigo o 20 de xullo de 1936, leu o bando na Porta do Sol e ordenou disparar contra os que estaban presentes. Despois estivo á fronte do pelotón que fusilou a Emilio Martínez Garrido e outros republicanos vigueses. Marchou á fronte e morreu en Asturias a finais de setembro de 1936. Foi soterrado no cemiterio de Pereiró o 29 de setembro, cos soldados Eduardo Núñez Saavedra e Eugenio Rodríguez Cantero.
Polo seu acto do 20 de xullo, a Porta do Sol de Vigo foi rebautizado co seu nome, inutilmente porque a maioría da poboación local seguiu utilizando o nome orixinal.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- "Carreró dio nombre a Porta do Sol durante más de 40 años", artigo en La Voz de Galicia, 31 de marzo de 2007 (en castelán).