Manuel Bárcena Andrés

diplomático e empresario galego

Manuel Bárcena Andrés-García, II Conde de Torrecedeira, nado en Vigo en 1877 e finado en Cedeira o 9 de abril de 1927, foi un diplomático e empresario galego.

Modelo:BiografíaManuel Bárcena Andrés

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1877 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 1927 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Cedeira, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático, emprendedor Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosManuel Bárcena Castro, Felipe Bárcena Castro Editar o valor en Wikidata
PaiManuel Bárcena Franco Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primoxénito do matrimonio entre Manuel Bárcena Franco, I Conde de Torrecedeira, e Dolores de Andrés-García López. Estudou en Londres. Foi consignatario de buques, cónsul de Inglaterra en Vigo e primeiro presidente do Celta de Vigo. Herdou o título nobiliario en 1908.[1] Foi promotor do parque las Cabañas.

Casou o 31 de agosto de 1904 en Santo André de Cedeira con Obdulia Castro Montenegro, filla de Felipe Castro e Amparo Montenegro Sierra. Deste matrimonio naceron doce fillos, catro mulleres e oito homes, entre os cales estaban Manuel Bárcena Castro III Conde de Torrecedeira e Felipe Bárcena Castro IV Conde de Torrecedeira.

Finou en Cedeira o 9 de abril de 1927 aos 49 anos.[2]

  1. "De sociedad" ABC, 24/5/1908, p. 9 (en castelán).
  2. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 10-4-1927, p. 5.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 88–89. ISBN 978-84-8457-448-4. 

Ligazóns externas

editar