Ramón Martínez Saco
político galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ramón Martínez.
Ramón Martínez Saco, nado en Torroso (Mos) na década de 1810 e finado a principios de outubro de 1884[1], foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1810 Torroso, España |
Morte | outubro de 1884 (64/74 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Redondela | |
setembro de 1854 – | |
Alcalde de Redondela | |
Alcalde de Redondela | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarFillo de Nicómedes Martínez e Josefa Saco. Progresista. Foi deputado provincial polo distrito de Redondela en 1843, 1863, 1865 e 1868 (entre 1864 e 1865 presidiu 6 sesións da Deputación de Pontevedra). Foi alcalde de Redondela en setembro de 1854 (rexeitou a proposta de ser deputado a Cortes para converterse en alcalde) e volveu ser alcalde en 1861 e 1869. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Redondela nas eleccións de 1871.
Notas
editar- ↑ Noticia en La Unión, 6-10-1884, p. 2
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Redondeláns para a historia: Ramón Martínez Saco Arquivado 04 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.
- Ficha no Congreso dos Deputados Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.