Torroso, Mos
San Mamede de Torroso é unha parroquia que se localiza no concello de Mos. O patrón é San Mamede, que tamén é o patrón de devandito municipio.[2] Está situado dentro da zona de influencia do Val da Louriña, entre os concellos do Porriño, Redondela, Pazos de Borbén, Ponteareas e Vigo. Segundo o INE en 2010 tiña 1.350 habitantes (711 mulleres e 636 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.252 habitantes. Segundo o IGE, no 2020 a súa poboación medrara ata os 1.377 habitantes, sendo 708 mulleres e 660 homes.
Torroso | |
---|---|
Parroquia de Torroso | |
Concello | Mos[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°12′14″N 8°37′27″O / 42.20388999, -8.62403763 |
Poboación | 1.377 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xentilicio
editarO seu xentilicio é torroxudo.[3]
Patrimonio histórico e artístico
editarNesta parroquia, no ano 1983, atopouse de xeito fortuíto o Castro de Torroso, poboado da cultura castrexa que foi escavado nos anos seguintes.
Desta parroquia procede o grupo The Turre's band, banda creada no ano 2000 e formada por nove instrumentos de vento (saxofóns, trombón, trompetas, tuba...), batería e percusións.
Lugares e parroquias
editarLugares de Torroso
editarLugares da parroquia de Torroso no concello de Mos (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Mos
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Mos (24 de xullo de 2017). "Mos celebrará las fiestas de San Mamede con una gran actuación del grupo O Fiadeiro". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 30. ISBN 978-84-8158-706-7.