José Boente Sequeiros

avogado e político galego

José Boente Sequeiros, nado na Esfarrapada (Salceda de Caselas) o 2 de setembro de 1860 e finado en Pontevedra o 18 de xaneiro de 1944,[1] foi un xornalista, avogado e político galego.

José Boente Sequeiros
Nacemento2 de setembro de 1860
Lugar de nacementoA Esfarrapada
Falecemento18 de xaneiro de 1944
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
FillosCésar Boente
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de José Santiago Boente Leiras, mestre natural do Porriño. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e colaborou en El Estudiante. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1881-1885). Instalou bufete de avogado en Pontevedra, e chegou a ser Decano do Colexio de Avogados con Manuel Portela Valladares como tesoureiro. Como empresario creou unha sociedade para a fabricación de fariñas e pan, e foi accionista da Sociedad Naviera del Noroeste en Marín. Foi tamén redactor xefe do Diario de Pontevedra.

 
Retrato en Vida Gallega, 1910.

Vinculado ao Partido Liberal e dirixente dos partidarios de Montero Ríos sendo un dos apoios de Eduardo Vincenti, foi deputado provincial (1898-1930) e o 24 de abril de 1901 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra. Formou parte da comisión redactora do apéndice de dereito foral galego para o Código Civil. En 1907 promoveu o periódico El Progreso e colaborou no Diario de Pontevedra. Foi gobernador civil de Cáceres (1905), Pontevedra (1905-1907 e 1909-1911), Zaragoza (1911), A Coruña (1916), Sevilla (1918), e As Palmas (1919). Foi deputado provincial polo Colexio de Avogados en 1930.

En agosto de 1940 renunciou ao cargo de maxistrado suplente.

Casado con Carmen Álvarez, foi pai do enxeñeiro César Boente Álvarez,[2] do xornalista e escritor José Boente Álvarez e de Joaquín Boente (finado en 1887). O seu irmán Plácido Boente Sequeiros estivo emigrado na Arxentina.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


Predecesor:
Gumersindo Otero García
  
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1901 - 1903
Sucesor:
José María Vidal González