César Boente
César Boente Álvarez, nado en Pontevedra a finais do século XIX e finado en Zaragoza o 23 de agosto de 1920[1], foi un enxeñeiro galego.
César Boente | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 23 de agosto de 1920 |
Lugar de falecemento | Zaragoza |
Causa | ferida por arma de fogo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | enxeñeiro |
Pai | José Boente Sequeiros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Foi fillo de José Santiago Boente Sequeiros e de Carmen Álvarez. De novo practicou vela, e chegou a acompañar ao piano a Manuel Quiroga Losada no Teatro Principal de Pontevedra[2]. Estudou na Escola Superior de Enxeñaría Industrial de Vigo, e en 1908 marchou a Madrid a continuar os seus estudos. Logo de que o seu pai fose destinado a Zaragoza foi vivir alí, e exerceu de director técnico dos servizos municipais.
O 23 de agosto de 1920 foi asasinado mentres reparaba uns cables eléctricos xunto co arquitecto municipal José de Yarza e un axudante (Joaquín Octavio de Toledo), nuns farois da rúa do Coso. A morte foi cometida por Inocencio Domingo de la Fuente. Aínda que se considerou un atentado sindicalista, no marco de varias folgas, o acusado negou coñecer as vítimas. O 30 de agosto dese mesmo ano o concello de Pontevedra acordou darlle o seu nome á rúa Sierra. En Zaragoza tamén hai unha rúa co seu nome, e un monumento en homenaxe aos funcionarios.
Casou con Josefina Camo e tivo tres fillos.
Notas editar
- ↑ Mariano García (23 de agosto de 2020). "El crimen que lloró Zaragoza". Heraldo de Aragón (en castelán).
- ↑ Milagros Bará (6 de agosto de 2017). "El asesinato de César Boente". Diario de Pontevedra (en castelán).