Luis Fontaíña Serrapio
médico e político galego
Luis Fontaíña Serrapio, nado en 1900 e finado en Pontevedra o 18 de novembro de 1974,[1] foi un médico e político galego.
Luis Fontaíña Serrapio | |
---|---|
Nacemento | 1900 |
Falecemento | 18 de novembro de 1974 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Medicina e odontólogo, estableceuse en Pontevedra nos anos vinte. Despois da proclamación da Segunda República afiliouse ao Partido Republicano Radical do que foi presidente da Executiva de Pontevedra en outubro de 1933.[2] Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1933. Foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra o 31 de decembro de 1935, permanecendo no cargo ata marzo de 1936. No franquismo foi Presidente do Liceo Casino de Pontevedra (1956-1958).
Predecesor: Ramón Domínguez Ferradás |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1935 - 1936 |
Sucesor: José Adrio Barreiro |
Vida persoalEditar
Casou con Pilar Lombos Pazos.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.