Ramón Domínguez Ferradás

político galego

Ramón Domínguez Ferradás, nado en Bueu o 1 de maio de 1886, foi un político galego.

Infotaula de personaRamón Domínguez Ferradás
Biografía
Nacemento1 de maio de 1886 Editar o valor em Wikidata
Bueu Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Bueu
Presidente da Deputación de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Directivo da sociedade agraria El Porvenir de Cela. Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde en Bueu na ditadura de Primo de Rivera. En outubro de 1930 dimitiu como concelleiro de Bueu.[1] Foi nomeado alcalde de Bueu en abril de 1931.[2] Cesou no cargo o 5 de xuño dese ano, deposto polo Goberno Civil. Militante do Partido Republicano Radical, do que foi elixido membro do Comité Executivo provincial en outubro de 1933,[3] volveu ser nomeado alcalde a principios de 1934. Deputado provincial, foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra logo do falecemento de José Viñas del Monte en 1935.

Vida persoal

editar

Foi pai de Aníbal Domínguez García.

  1. El Pueblo Gallego, 5-10-1930, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 21-4-1931, p. 11.
  3. El Pueblo Gallego, 25-10-1933, p. 8.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Perfecto García Nogueira
  
Alcalde de Bueu
 
1931
Sucesor:
Jesús Prieto García
Predecesor:
Jesús Prieto García
  
Alcalde de Bueu
 
1934 - 1936
Sucesor:
José Gómez de la Cueva
Predecesor:
José Viñas del Monte
  
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1935
Sucesor:
Luis Fontaíña Serrapio