José Viñas del Monte
avogado e político galego
José Viñas del Monte, finado en Pontevedra o 22 de outubro de 1935[1], foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Galicia, España ![]() |
Morte | 22 de outubro de 1935 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Cándido Viñas Calvo, Avelina Viñas Calvo ![]() |
Traxectoria
editarFillo do cambades José Manuel Viñas, oficial da secretaría da Deputación de Pontevedra. Militante do Partido Republicano Radical. Propagandista agrario, foi secretario da Federación de Traballadores de Pontevedra (1918) e da Federación Agraria Municipal (1922), e presidente da Alianza Marinera de Cangas (1922-1923). Foi candidato nas eleccións de 1933, pero non resultou elixido. Foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra o 5 de xaneiro de 1934.
Predecesor: Joaquín Maquieira Fernández |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1934 - 1935 |
Sucesor: Ramón Domínguez Ferradás |
Vida persoal
editarFoi pai do escritor Cándido Viñas Calvo, da pintora Avelina Viñas Calvo[2] e mais de Francisco Viñas Calvo.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ Avelina Viñas Calvo, na páxina web Do gris ao violeta.