Federico Cifuentes Pérez

político español

Federico Cifuentes Pérez, nado en Ávila en 1931 e finado na Coruña o 1 de novembro de 2012, foi un mestre e político galego.

Federico Cifuentes Pérez
Nome completoFederico Cifuentes Pérez
Nacemento1931
Lugar de nacementoÁvila
Falecemento1 de novembro de 2012
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Inspector de Educación nos anos 60. Foi inspector-xefe de Ensinanza Primaria da provincia de Pontevedra. Pertenceu ao movemento de mestres de Pontevedra, con José Rivas Fontán e Miguel Barros Puente, co que participou na vida social, cultural e política da cidade. Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro de Pontevedra por UCD. O 26 de abril de 1979 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra. Finou na Coruña o 1 de novembro de 2012.[1]


Predecesor:
José Luis Peláez Casalderrey
  
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1979 - 1983
Sucesor:
Mariano Rajoy

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar