José Rivas Fontán

político galego

José Rivas Fontán ou Pepe Rivas, nado en Verducido (Pontevedra, daquela pertencente ao concello de Xeve) o 31 de agosto de 1941, é un político galego. Foi alcalde de Pontevedra dende 1979 ata 1991.

José Rivas Fontán
Datos persoais
Nacemento8 de agosto de 1941
 Verducido (Pontevedra)
OrganizaciónUnión de Centro Democrático , Partido Popular
Profesiónmestre
Relixióncatolicismo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria política editar

Nas eleccións xerais de 1979 foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes, formando parte da candidatura de UCD. Formou parte do Consello Político de UCD. Tamén participou na Xunta Preautonómica como Secretario Xeral en 1978. Foi Secretario da Asemblea Parlamentaria de Galicia e Secretario da Comisión dos 16 para a redacción do Estatuto de Galicia.

Nas primeiras eleccións municipais democráticas encabezou a candidatura de UCD e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 presentouse por AP e conseguiu 17 escanos dos 25, obtendo o 56,90% dos votos fronte ao 26,45% dos socialistas. Pepe Rivas presentouse nas municipais de 1987 con Independentes de Galicia e conseguiu en total 10 escanos e o 33,37% dos votos, fronte ao 22,86% do PSdeG-PSOE, ao 20,53% de Alianza Popular, ao 7,96% de CDS e ao 5,1% do BNG. Non acadou ningún acordo, nin cos populares nin con outro partido ao longo dos tres mandatos. Sempre saíu elixido como a lista máis votada.

Nas eleccións xerais de 1996 foi elixido deputado ao Congreso polo PP e volveu ser elixido nas xerais de 2000.


Predecesor:
Joaquín Queizán Taboada
  
Alcalde de Pontevedra
 
1979 - 1991
Sucesor:
Francisco Javier Cobián Salgado

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rodríguez, A. (2016). Solo Rivas Fontán. Memorias de un político lejos del rebaño. Lugo: Alvarellos Editora. ISBN 978-84-16460-07-6

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar