Luís López Diéguez
político galego
Luís López Diéguez, nado en San Salvador de Camba (Rodeiro) en abril de 1978, é un político galego do PPdeG.
Luís López Diéguez | |
---|---|
Nacemento | abril de 1978 |
San Salvador de Camba | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro de Rodeiro polo PPdeG dende 2003. Na lexislatura 2003-2007 foi concelleiro delegado de educación, cultura, deportes e xuventude. Encabezou a lista do PPdeG á alcaldía de Rodeiro nas eleccións municipais de 2011, que obtivo 5 concelleiros, e resultou elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Nas municipais de 2015 obtivo a maioría absoluta, o mesmo que nas municipais de 2019. En febreiro de 2021 foi nomeado delegado da Xunta na provincia de Pontevedra logo da dimisión de Luísa Piñeiro Arcos.[1]
Predecesor: José Benito Vence Deza |
Alcalde de Rodeiro 2011 - 2021 |
Sucesor: Rubén Quintá Quintá |