Rubén Quintá

gandeiro e político galego
(Redirección desde «Rubén Quintá Quintá»)

Rubén Perfecto Quintá Quintá, nado en Rubiás (Negrelos, Rodeiro) en 1964 e finado no mesmo concello o 23 de marzo de 2024, foi un gandeiro e político galego do PPdeG.

Infotaula de personaRubén Quintá
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata
Rubiás, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 2024 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Rodeiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngandeiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gandeiro. Foi tesoureiro da Sociedade de Caza e Pesca de Rodeiro. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato número 5 do PPdeG ao concello de Rodeiro, pero non foi elixido. Logo da dimisión do candidato e portavoz do PPdeG José Luis Fernández Fafián en marzo de 2010, entrou a formar parte da corporación municipal e foi nomeado concelleiro de Medio Ambiente.[1] Nas municipais de 2011 ocupou o número 3 na lista popular e foi elixido concelleiro. Foi elixido presidente da Sociedade de Caza e Pesca de Rodeiro en 2012.[2] Volveu ser elixido concelleiro en 2015, sendo nomeado segundo tenente alcalde e concelleiro de Obras e Servizos; o mesmo que en 2019. Volveu ser reelixido presidente da Sociedade de Caza e Pesca en setembro de 2020. Logo da dimisión do alcalde Luís López Diéguez para ser delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, foi elixido alcalde de Rodeiro o 6 de marzo de 2021.[3][4] Finou en Rodeiro o 23 de marzo de 2024 aos 59 anos.[5]


Predecesor:
Luís López Diéguez
  
Alcalde de Rodeiro
 
2021 - 2023
Sucesor:
José Luis Camiñas

Vida persoal editar

Casou con Sonia García Diéguez e foi pai de Noelia e José María Quintá Diéguez.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar