Abrir o menú principal

Xoán Manuel Pereira de Castro

diplomático e político galego
(Redirixido desde "Juan Manuel Pereira")

Xoán Manuel Pereira de Castro, nado en Reboreda (Redondela), o 24 de maio de 1820 e finado en Ourense o 15 de abril de 1896, foi un fidalgo, diplomático e político galego. Ramón Otero Pedrayo relatou a súa vida na novela O señorito da Reboraina.

Xoán Manuel Pereira de Castro
Nacemento24 de maio de 1820
 Reboreda
Falecemento15 de abril de 1896
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomático e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Pazo de Reboreda, casa natal de Xoán Manuel Pereira.

Foi fillo de Ignacio Manuel Pereira, señor da casa de Reboreda, en cuxo pazo naceu e medrou. Foi deputado en Cortes por Ponteareas (1846), Pontevedra (1854) e Zamora (1869), ademais de senador por Pontevedra e Ourense. De ideoloxía progresista e repúblicana, foi acusado de conspiración contra o réxime tras manter unha xuntanza co xeneral Prim en Londres, motivo polo cal foi ingresado na cadea da Illa de Santo Antón, na Coruña. Na devandita xuntanza preparaban a Revolución de 1868. Co triunfo de Prim e a instauración do Sexenio Democrático, Pereira de Castro foi liberado e pasou a presidir a Xunta Revolucionaria da Coruña. Nas eleccións de 1871 conseguiu a acta de deputado por Redondela nas Cortes Xerais, que volveu conseguir en 1873, deixando posteriormente o posto ao ser nomeado embaixador na China, Siam e Annam. A raíz das experiencias vividas no seu periplo oriental escribiu o libro Los países del Extremo Oriente.

O goberno revolucionario concedeulle a Cruz de Carlos III, que, porén, rexeitou. Coa Restauración borbónica de 1875 retírase da vida política, fixando a súa residencia en Ourense, onde faleceu 21 anos despois.

ObrasEditar

  • Los países del Extremo Oriente, 1883.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Otero Pedrayo, R. (2011), O señorito da Reboraina, Ed. Galaxia, 3ª edición.

Ligazóns externasEditar