Pazo de Reboreda (Redondela)

pazo en Reboreda, Redondela

O Pazo de Reboreda é unha casa do lugar de Quintana, anexa á igrexa de Santa María de Reboreda, no concello pontevedrés de Redondela.

Pazo de Reboreda (Redondela)
ConcelloRedondela
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°17′01″N 8°35′39″O / 42.283611, -8.594237
Estilo arquitectónico
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar
 
Placa na casa.

Foi fundado a finais do século XVII por García Prego de Montaos. Os Prego de Montaos emparentaron cos Troncoso de Lira e cos vascos Mondragón, que fixeron a capela, despois igrexa parroquial.

Moi modificado, o seu estado de conservación é bo. Está comunicado coa igrexa por unha pasaxe elevada.[1] Feito con perpiaño e cachotería, con cuberta a dúas augas, ten un portalón ameado cara ao oeste, un hórreo na leira, e dous escudos na fachada leste, amais do escudo da ábsida da igrexa.

Pertenceu a Ignacio Manuel Pereira, caudillo de milicianos que participou na Batalla de Ponte Sampaio da Guerra da Independencia española. Na casa naceu Xoán Manuel Pereira de Castro, seu fillo, protagonista da novela O señorito da Reboraina de Ramón Otero Pedrayo.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar