Abrir o menú principal

Jacobo Rey Daviña

comerciante e político galego

Jacobo Rey Daviña, nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1881[1] e finado en Vilagarcía de Arousa o 7 de febreiro de 1979,[2] foi un comerciante e político galego.

Jacobo Rey Daviña
Nacemento18 de setembro de 1881
 Santiago de Compostela
Falecemento7 de febreiro de 1979
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Educouse na escola de seu pai en Compostela. Foi socio-xerente de Hijos de Simeón García en Vilagarcía de Arousa, e en 1927, durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera, foi nomeado delegado provincial en Pontevedra do Monopolio de Petróleos. Deputado provincial en representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa, foi presidente da Deputación de Pontevedra entre o 7 de outubro de 1938 e o 9 agosto de 1939, en plena guerra civil. Foi alcalde de Vilagarcía de Arousa, na ditadura franquista, de febreiro de 1952 ao 1 de xullo de 1965. En 1970 concedéuselle a Medalla ao Mérito no Traballo.[3]


Predecesor:
Javier Puig Llamas
  
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1938 - 1939
Sucesor:
Luis de Toledo Freire
Predecesor:
Frutos Cerecedo Lapatza
  
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1952 - 1965
Sucesor:
Victoriano Piñeiro

RecoñecementosEditar

Ten dedicada unha céntrica rúa en Vilagarcía de Arousa, pendente de cambio de nome en función da Lei de memoria histórica de España e a petición de partidos políticos e colectivos cidadáns.

NotasEditar

  1. Amoedo López, Gonzalo (2010). Xerais, ed. A memoria e o esquecemento: O franquismo da provincia de Pontevedra. Vigo. p. 139. ISBN 978-84-9914-192-3. 
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-2-1979, p. 49.
  3. "Orden del 1 de mayo de 1970 por la que se concede la Medalla «Al Mérito en el Trabajo», en su categoría de Plata con ramas de roble, a don Jacobo Rey Daviña y otros" BOE, 1 de maio de 1970.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar