Victoriano Piñeiro

político galego

Victoriano Piñeiro Acosta, nado en Vilagarcía de Arousa en 1920 e finado no mesmo concello o 9 de outubro de 1993,[1] foi un político galego.

Modelo:BiografíaVictoriano Piñeiro
Biografía
Nacemento1920 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 1993 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
1965 – 1976
← Jacobo Rey DaviñaJosé Luis Nogueira Rodríguez → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Con estudos en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi procurador dos tribunais. Traballou como auditor e xestor en Vilagarcía de Arousa onde foi designado concelleiro en 1960. Cinco anos despois, en 1965 foi nomeado, pola ditadura franquista, alcalde da cidade, cargo que ocupou ata a súa dimisión en 1976. Tamén ocupou un escano de deputado provincial durante máis dunha década. Durante o seu mandato como alcalde, Vilagarcía coñeceu unha excesiva expansión urbana.

Adquiriu xudicialmente, sendo alcalde de Vilagarcía de Arousa, o pazo Quinteiro da Cruz, en Lois, onde conseguiu unha importante colección de camelias.

Recoñecementos

editar

Medalla de Ouro de Vilagarcía. Foi nomeado Alcalde Honorario Perpetuo e fillo predilecto de Vilagarcía.

Vida persoal

editar

Casou con Maruxa Lago, e foi pai de Carmen, Beatriz, Teresa e Pedro Piñeiro Lago.

  1. La Voz de Galicia, Arousa, 10.10-1993, p. 45.


Predecesor:
Jacobo Rey Daviña
  
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1965 - 1976
Sucesor:
José Luis Nogueira