Vicente Lobit Rodríguez
médico e político galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vicente Lobit.
Vicente Lobit Rodríguez, finado en Burgos en novembro de 1882,[1] foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | novembro de 1882 Burgos, España |
Civil governor of Valladolid (en) | |
Civil governor of Toledo (en) | |
Governador civil da província de Palência (pt) | |
Gobernador civil da provincia de León | |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Vicente Lobit Rivera |
Traxectoria editar
Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ourense en 1843 e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1854. Foi o primeiro presidente do Liceo de Ourense (1850)[2]. No Sexenio Democrático presidiu a Xunta Revolucionaria de Ourense[3], foi nomeado gobernador civil de Pontevedra e o 2 de xaneiro de 1869 presidente da Deputación de Pontevedra. En febreiro de 1869 foi nomeado gobernador civil de Palencia e en setembro de León; en 1871 de Toledo e despois de Valladolid e en 1874 de Valencia.
Predecesor: Indalecio Armesto |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1869 |
Sucesor: Eugenio Alau |
Notas editar
- ↑ Diario Oficial de Avisos de Madrid, 27-11-1882, p. 3.
- ↑ "Un paseo por los recuerdos del Liceo". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 02 de outubro de 2012.
- ↑ Historia de Barbadás[Ligazón morta]
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.