Verónica Pichel
Verónica Pichel Guisande, nada en Suíza o 22 de marzo de 1984, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1984 (40 anos) Suíza |
Alcaldesa de Forcarei | |
2019 – ← Belén Cachafeiro | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | política |
Traxectoria
editarNada na emigración suíza, aos 6 anos a familia retornou a Forcarei. Fixo os estudos primarios no CEIP Nosa Señora das Dores e os secundarios no IES Chano Piñeiro. Licenciada e posgraduada en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade da Coruña e máster en Xornalismo e Comunicación Dixital por Euroinnova Formación.
Nas eleccións municipais de 2015 presentouse na candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Forcarei, pero non foi elixida. En febreiro de 2017 tomou posesión como concelleira logo da renuncia de Miguel Pereira. En outubro de 2017 pasou a formar parte do comité nacional do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixida alcaldesa de Forcarei.[1]
Notas
editar- ↑ "Verónica Pichel, primera alcaldesa socialista de la democracia en Forcarei" (15/6/2019). Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verónica Pichel |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Verónica Pichel Guisande (2019) Faro de Vigo (en castelán).
Predecesor: Belén Cachafeiro Anta |
Alcaldesa de Forcarei 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo |