José Manuel Pequeño

político galego
(Redirección desde «José Manuel Pequeño Castro»)

José Manuel Pequeño Castro, nado na Ameixenda (Cee) o 17 de marzo de 1955, é un político e arquitecto técnico galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaJosé Manuel Pequeño
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
A Ameixenda, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Dumbría
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , arquitecto técnico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Arquitecto técnico,[1] foi técnico en diversos concellos. Nas eleccións municipais de 1983 presentouse á alcaldía de Dumbría encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1987 encabezou como independente a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi reelixido alcalde cunha ampla maioría absoluta (11 concelleiros de 13). Foi un dos alcaldes desta coalición que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura presentada en xuño de 1989 na Deputación da Coruña polo socialista Salvador Fernández Moreda contra o aliancista José Manuel Romay Beccaría.

Nas municipais de 1991 presentouse como cabeza de lista do PSdeG-PSOE e volveu ser elixido alcalde cunha ampla maioría absoluta (9 concelleiros de 11), sendo elixido deputado provincial. Volveu ser reelixido alcalde en 1995, 1999 e 2003 con 8 concelleiros, volvendo a ser deputado provincial de 1995 a 1999. En 2007 sube a 9 concelleiros e volve a ser deputado provincial. Volveu ser reelixido con maioría absoluta en 2011, 2015 e 2019,[2] [3]logrando 9, 10 e 9 edís, respectivamente, e ocupando de novo unha acta de deputado na Deputación da Coruña tralos dous últimos comicios, encargándose da área de infraestruturas, vías e obras.

Foi presidente provincial do PSdeG na Coruña de 2018 a 2022. En xaneiro de 2023 anunciou que non se presentaría á reelección nas municipais dese ano, sendo substituído como candidato socialista polo concelleiro Raúl González Lado[4], o cal logrou a alcaldía con maioría absoluta.


Predecesor:
Jesús Gómez Dovale
  
Alcalde de Dumbría
 
1983 - 2023
Sucesor:
Raúl González Lado

Notas editar

  1. Nova en La Voz de Galicia Carballo, 12-6-1987 p.21
  2. Concello de Dumbría na FEGAMP
  3. "Dumbría". fegamp.gal. 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 3 de maio de 2023. 
  4. Rial, S.G. (19 de xaneiro de 2023). "El alcalde de Dumbría no se presentará a la reelección". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar