Bermui, As Pontes de García Rodríguez
Coordenadas: 43°23′44″N 7°54′40″O / 43.3956258, -7.9110834
Bermui | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Bermui. | |
Concello | As Pontes de García Rodríguez |
Poboación | 84 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 17 |
Santiago de Bermui é unha parroquia que se localiza no sur do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2014 tiña 84 habitantes (47 homes e 37 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 112 habitantes.
Esta parroquia segregouse do concello da Capela xunto coas de Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira, Goente e Seoane que pasan a integrarse no concello das Pontes de García Rodríguez en xullo de 1982.