Avelino de Francisco
Avelino Luis de Francisco Martínez, nado en Cortegada en 1946, é un comisario e político galego.
Avelino de Francisco | |
---|---|
Nacemento | 1946 |
Lugar de nacemento | Cortegada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Foi comisario da Policía Nacional e Xefe superior de Policía de Galicia. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cortegada e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser cabeza de lista do PSdeG e volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta.
En xaneiro de 2014 anunciouse a súa fichaxe polo PPdeG para selo seu candidato nas municipais de 2015[1]. Xustificou a súa unión á formación conservadora polas inversións Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense, en mans do PP[2]. En xaneiro de 2015 pasouse con gran parte do seu equipo (catro de seis concelleiros) ao grupo non adscrito, mentres que un membro do seu equipo quedaba como único representante do PSdeG[3]. Finalmente revalidou a alcaldía con maioría absoluta á fronte do PPdeG. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta e á fronte do PPdeG nas municipais de 2019 e 2023.
Predecesor: Enrique Carpintero Araújo |
Alcalde de Cortegada 2007 - actualidade |
Sucesor: no cargo |