Andrés Díaz Sobral

político galego


Andrés Díaz Sobral, nado en Ponte Caldelas o 13 de febreiro de 1976, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaAndrés Díaz Sobral
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Ponte Caldelas, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ponte Caldelas
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: andres.diazsobral Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Técnico especialista en robótica. Con 17 anos alistouse no exército e estivo destinado en Bosnia e Hercegovina. Tras 8 anos nas forzas armadas sacouse unha oposición e formouse en robótica, pasando a traballar na fábrica de Citroën en Vigo[1].

Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Ponte Caldelas e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 volveu ser cabeza de lista socialista e foi elixido alcalde co apoio da Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e do BNG, cos cales pasou a gobernar en coalición.[2] Foi un dos principais apoios de Pedro Sánchez en Galicia durante o proceso de primarias de 2017. En decembro de 2017 foi elixido Secretario de Organización provincial do PSdeG en Pontevedra, baixo o mandato de David Regades, mais renunciou en xaneiro de 2018.

Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 volveu ser reelixido con maioría absoluta, superando nesta ocasión o 60 % dos votos.

Notas editar

  1. Rodrigo Cota (18 de marzo de 2023). "Andrés Díaz, el ejército, los robots y la alcaldía". Diario de Pontevedra (en castelán). 
  2. Barral, Cristina (13 de xuño de 2015). "El socialista Andrés Díaz, nuevo alcalde de Ponte Caldelas". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Perfecto Rodríguez Muíños
  
Alcalde de Ponte Caldelas
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo